A palabra inglesa software utilízase para describir a parte non física (lóxica) do ordenador, tamén chamada programas.
Chámase así en contraposición á parte física da computadora, o hardware (monitor, teclado, rato, escáner...etc), que é o que fai que os programas se poidan executar e o usuario poida interaccionar co ordenador. O software é o código compilado que se transforma en aplicacións usables, que poden ser de ofimáticas, de deseño, multimedia, etc.
Software de ordenador (ou sinxelamente, software) refírese a un ou máis programas de ordenador e os datos almacenados nun ordenador para algún propósito concreto. O software de programa permete o funcionamento programado xa implementado, sexa dando instrucións de xeito direito, a través de instrucións ao hardware (o aparataxe), ou servindo como entrada a outro programa. O software de datos existe de xeito único para o seu uso eventual por outro software de programa.
O termo software foi usado por primeira vez neste senso por John W. Tukey en 1957; de xeito coloquial, o termo utilízase frecuentemente para designar aplicacións, utilidades, o sistema operativo, etc.. En informática e enxeñaría de programas, software de ordenador é toda a información procesada polo sistema informático, programas e datos.
Cando o programa está cargado, o ordenador está en disposición de traballar con el. Os ordenadores operan executando o software. Isto significa enviar instrucións desde a aplicación, pasando polo software de sistema, e chegando finalmente ao hardware como código máquina. Cada instrución provoca que o ordenador faga unha operación, tal como mover datos, facer un cálculo, ou alterar o fluxo de instrucións.
Sagteware | Софтуер | Programari | Software | Program | Software | Computer software | Programaro | Programa de ordenador o computadora (software) | Tarkvara | Logiciel | सोफ्टवेर | Softver | Szoftver | Software | ソフトウェア | 소프트웨어 | Nivîsbarî | Programinė įranga | Software | Software | Dataprogram | Oprogramowanie | Software | Software | Программное обеспечение | Software | Programska oprema | Programvara | ซอฟต์แวร์ | Sanaq programı | 软件
This article is licensed under the GNU Free Documentation License.
It uses material from the
"Software".
Home Page • arts • business • computers • games • health • hospitals • home • kids & teens • news • physicians • recreation• reference • regional • science • shopping • society • sports • world