Nota lingüística: Como abaixo se explica, a palabra reprodución pode utilizarse en variadísimas circunstancias. Cando se fai referencia á reprodución humana é preferíbel o uso da palabra procreación.
Pode tamén, eufemisticamente, falarse do nacemento, crecemento, "reprodución" e morte das rochas, das montañas, dos ríos, etc. Este artigo trata da reprodución no mundo vivo, en que se coñecen dous tipos principais:
O caso máis simple é o acto de plantar unha estaca dunha planta - estamos a "reproducila" artificialmente.
De feito, moitas especies de plantas teñen esta capacidade, sen necesidade da intervención do home: xeran estolóns que crían raíces e despois se tornan independentes da "planta mai", ou simplemente unha parte do talo ou do soma sepárase da planta nai e pode fixarse noutro lugar, dando orixe a unha nova planta.
Moitos animais, como a hidra, tamén xeran gomos na súa superficie externa que se poden desenvolver como novos individuos. Non se debe confundir esta característica coa capacidade que teñen algúns animais, como os lagartos e os caranguexos, de rexenerar partes do seu corpo, como un membro ou parte do rabo que perderon por accidente -pois isto non se trata de reprodución-.
Moitas especies de animais capaces de reprodución sexual tamén teñen a capacidade de se reproducir asexuadamente (véxase partenoxénese).
Algunhas espermatófitass, en que a norma é a reprodución sexuada, poden igualmente producir sementes sen que haxa a fertilización dos óvulos, un proceso coñecido por apomixía.
Nos organismos unicelulares, como as bacterias e as leveduras, a norma é a reprodución asexuada - fisión binaria das células -, mais mesmo estas especies teñen necesidade de realizar reprodución sexuada, co fin de renovar o seu material xenético.
A reprodución sexual ou "sexuada" implica a combinación de material xenético (normalmente o DNA) de dous seres separados a través da conxugación de dúas células.
Esta definición engloba a "reprodución sexual" das bacterias, de moitos protistas e dos fungos, sen que haxa a necesidade de definición de sexos. Tamén se chama este tipo a reprodución sexual indiferenciada.
Nos restantes organismos vivos, a reprodución sexual asume formas diferentes, especialmente entre os animais e as plantas.
En moitas especies de fungos -xeralmente haploides- as hifas de dous "individuos" conxúganse para formar unha estrutura onde, en células especiais, se dá a conxugación dos núcleos e posteriormente a meiose, para producir esporas novamente haploides que van dar orixe a novos "individuos". Noutros casos, libéranse células sexuais iguais e móbiles - isogametos - que se conxugan. (Os fungos actualmente considéranse como pertencentes a un reino separado das plantas e dos animais).
A "semente" do macho chámase espermatozoide, que vai fecundar o óvulo da femia, que transforma nun ovo, que se desenvolverá nun embrión. O nome xenérico das células sexuais é gametos, que se producen en órganos sexuais chamados gónadas.
En moitos casos, como nos mamíferos, aves e réptiles, a fecundación é interna, quer dicir, o óvulo encóntrase dentro do corpo da mai, e o pai ten que introducir aí os espermatozoides, nun acto chamado cópula. En moitos animais, o macho posúe para ese fin un órgano copulador que, nos mamíferos, se chama pene.
Na maioría dos animais acuáticos, no entanto, a fertilización é externa: a femia liberta os óvulos na auga (desova) e o macho libera os espermatozoides igualmente na auga.
De feito, as "plantas" (incluíndo as algas, mais excluíndo os fungos - véxase "Reprodución Sexual Indiferenciada" máis arriba) teñen igualmente órganos sexuais que producen gametos, tal como os animais: o gameto feminino chámase igualmente óvulo e é igualmente inmóbil e o masculino chámase anterozoide. A gónada feminina chámase ovario (tal como nos animais) e a masculina antera, nas plantas que producen flores, as anxiospérmicas. Noutros grupos de plantas, os nomes varían (véxase musgo, felgo, conífera).
O anterozoide só se libera do gran de pole (ou da estrutura correspondente, por exemplo, o anterídeo dos musgos) nun ambiente húmido, como o estigma das anxiospérmicas ou o ovario aberto das ximnospérmicas.
Para alén de eventuais situacións de falta de alimentos e da predación, é necesario pensar que os recén nacidos son xeralmente moito máis sensíbeis que os adultos ás variacións do medio ambiente, como a temperatura, ventos, correntes oceánicas, etc.
As formas como os organismos resolveron eses problemas chámanse estratexias reprodutivas. Os animais "concentraron" as súas atencións na protección dos óvulos, dos embrións ou das crías. As plantas especializáronse nas formas de diseminación dos produtos sexuais.
As estratexias para a supervivencia deses cigotos -e dos embrións que deles resultan- inclúen:
Outra forma de protexer os cigotos é deixalos desenvolvérense dentro do corpo do mai. Esta estratexia foi desenvolvida en dúas fases:
Unha consecuencia destas últimas estratexias é que o número de cigotos non pode ser moi elevado e a mai non pode repetir o proceso con tanta frecuencia; por outro lado, os embrións teñen maior probabilidade de sobreviviren, en canto a mai prosegue a súa vida.
Chámase a este tipo de desenvolvemento evolutivo selección-K, en canto que a estratexia de producir un grande número de cigotos evolucionou segundo un proceso de selección-r.
Ao contrario dos animais, as plantas en xeral teñen unha grande capacidade de reprodución vexetativa, ou sexa, asexual: as partes vexetativas (= non-reprodutoras) poden facilmente producir unha nova planta. Por exemplo, un pedazo de hifa dun fungo transportada na pata dun can ou dunha mosca pode producir outro "individuo" da mesma especie noutro lugar. Un pedazo do talo dunha alga arrastrada polas correntes oceánicas pode producir unha nova alga noutro lugar onde as condicións sexan adecuadas. As plantas verdes rastreiras moitas veces lanzan estolóns que producen raíces e pódense tornar independente da planta mai.
No entanto, todas as plantas -tal como os animais- necesitan da reprodución sexuada para o proceso evolutivo, ou sexa, necesitan de "renovar" o seu material xenético. Mais nas plantas -ao contrario dos animais- os órganos reprodutores encóntranse en individuos diferentes dos órganos vexetativos. A este proceso chámase alternancia de xeracións.
Mais é na dispersión das varias estruturas que as plantas xeran para se reproducir que encontramos maiores especializacións:
Reproducció | Vermehrung | Reproduction | Reproducción | Reproduction | 生殖 | Voortplanting | Reprodução
This article is licensed under the GNU Free Documentation License.
It uses material from the
"Reprodución".
Home Page • arts • business • computers • games • health • hospitals • home • kids & teens • news • physicians • recreation• reference • regional • science • shopping • society • sports • world