article

Pinus - piñeiros
Clasificación científica
Reino:Plantae
División:Pinophyta
Clase:Pinopsida
Orden:Pinales
Familia:Pinaceae
Xénero:Pinus
Especies
~115 especies

Pinus é o nome científico do xénero dos piñeiros.

Xénero de árbores ou, raramente, arbustos, da familia Pinaceae, Subfamilia Pinoideae, que presentan unha ramificación frecuentemente verticilada e máis ou menos regular. A copa pode ser piramidal ou redondeada e, nas árbores adultas, ancha e deprimida. Os macroblastos presentan follas escuamiformes sen clorofila, mentres que os braquiblastos son moi curtos, cunha vaíña membranosa de escamas e están rematados por dúas a cinco follas lineares ou aciculares, con dous ou máis canais resiníferos cada unha. Os conos masculinos desenvólvense na base dos gromos anuais. Os estróbilos presentan escamas persistentes, sendo as tectrices rudimentarias e inclusas e as seminíferas acostuman presentar unha protuberancia ou embigo na súa parte externa (apófose) maduran bianual o trienalmente. As sementes son aladas coa testa máis ou menos lignificada. Ás veces son comestíbeis (piñóns).

Numerosas especies cultívanse desde moi antigo polos piñons ou con fins ornamentais ou forestais, o que dificulta o estabelecemento das súas áreas orixinais.

Botánica

Fyr (Pinus) | Kiefern | Pine | Pino | Pino | Mänty | Pin | Pinus | マツ | Pinus | Sosna | Pinheiro (árvore) | Tall

 

This article is licensed under the GNU Free Documentation License. It uses material from the "Piñeiro".

Home Pageartsbusinesscomputersgameshealthhospitalshomekids & teensnewsphysiciansrecreationreferenceregionalscienceshoppingsocietysportsworld