article

Introducción


Unha lingua é un sistema de signos lingüisticos vocais, gráficos ou xestuais que permete a comunicación entre os individuos. Unha definición lingüística da lingua precisa que é un sistema de signos doblemente articulados, é dicir, que a construcción do sentido fáise a dous niveis de articulación. Atópase primeiramente o das entidades significantes, morfemas, lexemas, monemas, formando os enunciados, e logo o das unidades distintivas de sentido (os fonemas), formando as unidades significantes. Estes dous niveis de articulación determinan os primeiros niveis da descrición lingüística: fonoloxía, morfoloxía e sintaxe. André Martinet precise que a orde de descrición é de xeito necesario inversa á orde de percepción ou uso da lingua: a descrición comeza polo segundo nivel de articulación (fonemas) para ir cara o primeiro (a combinatoria das unidades significantes).

Distínguese en xeral a lingua (sistema de signos) e a linguaxe (facultade humana posta en acción por meio de tal sistema). Distínguese de igual xeito, tras Ferdinand de Saussure, a lingua e a palabra (é dicir, o uso efectivo do sistema da lingua polos locutores).

Unha mostra

Comparación entre os saúdos en galego e en cada unha das 20 linguas oficiais da UE:

Galego: Bos días

Alemán: Guten Morgen
32%

checo: Dobre rano

Danés: God Morgen
2%

Eslovaco: Dobré ráno

Esloveno: Dobro jutro

Español: Buenos días
15%

Estonio: Tere hommikust

Finés: Hyvää huomenta
1%

Francés: Bonjour
28%

Grego: Kalimera
3%

Húngaro: Jó reggelt

Inglés: Good morning
47%

Italiano: Buon giorno
18%

Letón: Labrit

Lituano: Labas Rytas

Maltés: L-Ghodwa t-tajba

Holandés: Goedemorgen
7%

Polaco: Dzién dobry

Portugués: Bom dia
3%

Sueco: God morgon
3%

Comparativa de linguas

A difusión lingüística varía dunha lingua a outra. Sirva como exemplo a porcentaxe de persoas da UE que declarou en 2001 coñecer con relativa corrección unha das linguas anteriores (ver a táboa; ter conta que se refire ó coñecemento propio das linguas oficiales naquél entón)

Niveis e rexistros de lingua


Nunha lingua podemos distinguir
  • Variedades diacrónicas ou históricas, condicionadas polo tempo.
  • Variedades diatópicas: variantes da lingua no espacio (falares ou dialectos xeográficos).
  • Variedades diastráticas: variacións na lingua segundo a clase social (dialectos sociais).
  • Variedades diafásicas: variacións segundo a situación comunicativa do falante (tamén variantes funcionais, estilos de lingua ou rexistros). Os factores que determinan as diferencias lingüísticas entre os rexistros son basicamente os catro factores que podemos diferenciar nunha situación comunicativa: o tema, a canle, a intención, e o nivel de formalidade.

O galego:


(Ver Galego)

É unha lingua romance, derivada do latín. É irmá doutras linguas como son: o sardo, italiano, castelán, etc. Para outros (autores, utentes e defensores) não e mais do que uma variante do português, como acontece com o brasileiro. Dai denominá-lo galego-português, ou português galego (ou da Galiza). Desta óptica foi a forma dialectal que realmente originou a língua portuguesa( na conquista para o Sul e posterior independência de Portugal), que, porém, hoje em dia possui outras duas formas cultas que estão a chegar a acordo para unificarem uma unica forma escrita culta mundial, o chamado acordo 1990, a que aderiram representantes galegos. Traslación ó galego normativo do párrafo anterior, que expresa unha das opinións históricas do galeguismo (ver tamén lingua): Para outros (autores, usuarios e defensores) non é máis que unha variante do portugués, como acontece co brasileiro. De aí xurde a denominación galego-portugués, ou portugués galego (ou da Galiza). Deste punto de vista, foi dunha forma dialectal que realmente se orixinou a lingua portuguesa (na conquista para o sur e posterior independencia de Portugal), que, apesar diso, hoxe en día posúe outras dúas formas cultas que están a chegar a un acordo para unificar unha única forma escrita culta mundial, o chamado 'acordo 1990', ó que tamén adheriron representantes galegos.

-Linguas que contribuíron á súa formación:

Como xa sabemos, deriva do latín, pero esta non é o seu único compoñente, senón que é formada tamén polas linguas faladas en Gallaecia antes da chegada dos romanos, que é o substrato, e tamén, da lingua dos suevos e visigodos que forman o seu superestrato.

-Xentilicio:

Galego. Un home que vive ou que sexa nativo de Galiza, recibe este nome como xentilicio. Tamén se lle aplica, ó traxe típico de Galiza.

-Idioma de pobres:

Tempo atrás, o galego era considerado un idioma de pobres, co que a nobreza falaba o castelán, como símbolo do seu poderío.

-O galego nos Séculos Escuros:

O galego parece durmirse durante tres séculos, chamados Séculos Escuros. Durante estes 300 anos, a literatura escrita en galego mergullouse nun profundo silencio.

-Renacemento do galego: O periodo de silencio mantívose ata que comezaron as publicacións en galego, “A Alborada” de Nicomedes Pastor Díaz, xa no século XIX. Pero é Rosalía de Castro quen realmente recupera o galego como lingua oral e escrita.

-Outros autores en lingua galega:

Manuel Curros Enríquez (1851-1908), foi autor de poemarios como “Aires de minha terra” (1880), e foi o máis heterodoxo dos poetas galegos finiseculares. Poeta civil e social, foi un gran reivindicador da nacionalidade galega e do laicismo.

Ademais del, outros máis foron: Eduardo Pondal, Aguirre, etc.

-Século XX O galego comeza a ser utilizado para publicacións importantes nas revistas: "Nós", “A Nosa Terra”, e o pobo galego aproba un estatuto que recoñece ó galego como lingua oficial.

Logo da Guerra Civil, o galego foi prohibido e perseguido. A producción en galego facíase en Bós Aires.

A partir dos anos 60, xorden organizacións políticas que lle dan pulo ó proceso de normalización lingüistica , aparecen obras en galego e institúese o día das letras galegas.

-Hoxe:

Cando o galego sexa falado en todas as actividades habituais dos galegos, poderemos dicir que a nosa lingua está normalizada. Daquela rematarase o proceso de normalización.

linguas do mundo | lingüística

 

This article is licensed under the GNU Free Documentation License. It uses material from the "Lingua".

Home Pageartsbusinesscomputersgameshealthhospitalshomekids & teensnewsphysiciansrecreationreferenceregionalscienceshoppingsocietysportsworld