A lágrima ou fluido lacrimal é un líquido composto de auga, sales minerais, proteínas e gordura, producido polas glándulas lacrimais (do sistema lacrimal) nas pálpebras superiores do ollo humano para lubrificar e limpar o ollo. É producido en gran cantidade cando alguén chora.
Curiosidade
A expresión popular
derramar lágrimas de crocodilo usada para dicir que alguén chora sen razón ou por finximento, surxiu dun feito real que acontece cos
crocodilos. Cando o animal come unha presa, engolea sen mastigar. Para iso, abre a
mandíbula de tal forma que comprime a
glándula lacrimal, localizada na base da
órbita, o que fai que os réptiles choren.
Referencias bibliográficas
- RODRIGUES, Greice. Rio de Lágrimas: Na semana passada, o País assistiu a cenas de choradeira. Mas nem sempre o pranto é sincero. São Paulo: Editora Três, ISTOÉ n° 1865, p.40-41, 13 de jul. 2005.
Ver tamén
Fisioloxía
Lágrima