O fígado é a maior glándula do corpo humano, localízase no canto dereito superior do abdome, baixo o diafragma, o seu peso aproximado é de case 1,5 kg no home adulto, e un pouco menos na muller, en cativos é proporcionalmente maior, pois constitúe 1/20 do peso total dun recén nacido. Na primeira infancia é un órgano tan grande que pode ser sentido abaixo da marxe inferior das costelas, no lado dereito. Funciona como glándula exócrina, isto é, libera secrecións en sistema de canais que se abren nunha superficie externa ou interna. Actúa tamén como glándula endócrina, unha vez que tamén libera substancias no sangue ou nos vasos linfáticos.
Entre algunhas das funcións do fígado, podemos citar:
O fígado, alén de producir nos seus procesos diversos elementos vitais, aínda actúa como un depósito, almacenando auga, ferro, cobre e as vitaminas A, vitamina D e complexo B. Durante o seu funcionamento produce calor, participando da regulación do volume sanguíneo; ten acción antitóxica importante, procesando e eliminado os elementos nocivos de bebidas alcohólicas, café, barbitúricos, graxass entre outros. Alén diso, ten un papel vital no proceso de absorción de alimentos.
Existe aínda un suco transverso determinado polo hilo, que é por onde entran e saen todos os vasos sanguíneos, exceptuando as veas hepáticas. Os sucos dividen a superficie inferior do fígado en catro lobos: o dereito ou cuadrilátero; o esquerdo ou triangular; o cadrado, situado na parte da fronte do hilo e, por último, o alongado ou na parte posterior tamén chamado de Spiegel.
O fígado ten gran parte da superficie externa revestida polo peritoneo, que forma os ligamentos que o conectan ao abdome e ás vísceras veciñas. Envolvéndoo, hai un invólucro especial, formado pola chamada cápsula de Glison, esta, reviste todo o órgano, sen interrupción, como unha capa, que na parte máis próxima do hilo envolve a arteria hepática, a vea porta, o condutor hepático e os nervios.
Aínda que o tecido hepático sexa macio, a cápsula que o recobre é extremadamente resistente e diminúa a posibilidade de lesións traumáticas, en caso de ruptura, as consecuencias son gravísimas, pois o tecido interno lacerase con gran facilidade.
O órgano é constituído por aproximadamente cen mil lóbulos, que son minúsculos agregados celulares formados polas células hepáticas que se organizan en cordóns dispostos en volta da vea chamada de centrolobular. A vea porta contén moitas pequenas ramificacións, ligadas ás sinusoides, que son espazos comprendidos entre as diversas capas de células hepáticas.
As impurezas son filtradas polo fígado, que destrúe as substancias tisulares transportadas polo sangue. Os lípidos, glícidos, proteínas, vitaminas, etc, vindos polo sangue venoso, son transformados en diversos subprodutos. Os glícidos son convertidos en glicosa, que metabolizada se converte en glicóxeno, e, novamente convertida en azucre que é liberado para o sangue cando o nivel de plasma cae. As células de Kupfer, que se atopan nos sinusoides, actúa sobre as células sanguíneas que xa non teñen vitalidade, e sobre bacterias, sendo descompostas e convertidas en hemoglobina e proteínas, xerando a bilirrubina, que é colectada polos condutores biliares, que pasan entre cordóns desas células que segregan biles; esta, pola súa vez, vai se movendo a condutos de maior calibre, ata chegar ao canal hepático, (tamén chamado de ducto hepático, ou duto hepático); neste, únese nunha forquilla en forma de Y co ducto cístico, chegando á vesícula biliar. Da xunción en Y, o ducto biliar común estendese ata o duodeno, primeiro treito do intestino delgado, onde a biles vai se mesturar ao alimento para participar da dixestión. O alimento descomposto atravesa as paredes permeábeis do intestino delgado e as súas moléculas penetran na corrente sanguínea. A vea porta conduce estas ao fígado que as combina e recombina, remeténdoas para o resto do organismo.
En casos de impactos moito fortes, pode haber ruptura da cápsula que recobre o fígado, coa inmediata laceración do tecido do órgano. As lesións en xeral son importantes e de extrema gravidade, podendo ser moitas veces fatais, debido á enorme cantidade de sangue que pode ser perdida, dado o grande número de vasos sanguíneos que compoñen o órgano. Se en caso de accidente grave, e consecuente lesión, a persoa sobrevivir, o fígado xeralmente demostrará alto e rápido poder de rexeneración.
Entre as principais enfermidades que acometen ao fígado están, as Hepatites agudas de etioloxía descoñecida, chamadas de hepatites criptoxenicas, as hepatites B, C, D e E, as doenzas alcohólicas do fígado, as doenzas hepáticas tóxicas, as insuficiencias hepáticas, as fibroses e cirroses hepáticas, entre outras.
Bioenxeñaría | Anatomía | Medicina
كبد | Черен дроб | Fetge | Játra | Afu | Lever | Leber | Liver | Hepato | Hígado | Maksa | Foie | כבד | Máj | Hati | Hepato | Fegato | 肝臓 | 간 | Kepenys | Црн дроб | Lever | Lever | Lever | Wątroba | Fígado | Печень | Ficatu | Liver | Pečeň | Jetra | Јетра | Ati | Lever | ตับ | Karaciğer | جىگەر | Печінка | 肝臟