article

Os crustáceos (crustacea) son unha clase de antrópodos que comprende máis de 55.000 especies, na súa maioría acuáticas e algunhas parasitas. O estudo científico dos crustáceos coñécese como carcinoloxía. Algúns dos crustáceos máis coñecidos son a lagosta, o camarón, a gamba, o cangrexo, a centola ou o percebe. Como característica propia e definitoria do grupo podemos citar a presenza dun ollo nauplio nalgunha etapa da súa vida, que pode ser substituído máis tarde por dous ollos compostos, pedunculados ou non. Os crustáceos teñen xeralmente o corpo segmentado cun par de apéndices en cada segmento. O corpo adoita dividirse en cabeza, tórax e abdome, a fusión de segmentos é común e ás veces a cabeza e o tórax están fundidos no que xeralmente se denomina cefalotórax. Ademais, todos teñen polo menos un par de maxilas, dúas mandíbulas, tipicamente presentan dous pares de antenas na cabeza, cando menos na fase larvar e pasan por períodos de muda e intermuda para poder crecer. Todos excepto o grupo cirripedia son de sexos separados.

Zooloxía | Ракообразни | Korýši | Cramennog | Krebsdyr | Krebstiere | Crustacean | Crustacea | Crustacés | 갑각류 | Krustaceo | Crustacea | סרטנאים | Kreeftachtigen | Krepsdyr | 甲殻類 | Skorupiaki | Crustáceo | Ракообразные | Äyriäiset | Kräftdjur | Giáp xác | Kabuklular | Ракоподібні | 甲壳亚门 | ракови

 

This article is licensed under the GNU Free Documentation License. It uses material from the "Crustáceo".

Home Pageartsbusinesscomputersgameshealthhospitalshomekids & teensnewsphysiciansrecreationreferenceregionalscienceshoppingsocietysportsworld