| Bacterias | - | - | Clasificación científica | - |
|---|
| Dominio*: Bacteria |
Bacteria é un organismo unicelular, procarionte, que se pode atopar isolada ou en colonias. Pertence ao reino monera. Microrganismo constituído soamente por unha célula ou sexa, sen un verdadeiro núcleo celular nin organelos. Descobertas por Anton van Leeuwenhoek en 1683, as bacterias foron inicialmente clasificadas entre as plantas; en 1894, Ernst Haeckel incluiunas no reino Protista e actualmente as bacterias compoñen un dos tres Dominios do sistema de clasificación cladístico. Vulgarmente, utilizase o termo "bacteria" para designar tamén as archaebacterias, que actualmente constitúen un Dominio separado. As cianobacterias (as “algas azuis“) son actualmente consideradas dentro do dominio Bacteria.
As bacterias son normalmente microscópicas ou submicroscópicas (detectábeis só ao microscopio electrónico), con dimensións máximas tipicamente da orde dos 0,5 a 5 micrómetros. Unha excepción é unha bacteria isolada no tubo dixestivo dun peixe, co tamaño do punto final desta frase. O estudo das bacterias chamase microbioloxía.
A palabra bacterium foi introducida polo microbioloxista alemán C.G. Ehrenberg, en 1828, que a foi buscar á lingua grega, na cal "βακτηριον" significa "pequeno bastón" (en alusión ás bacterias con esa forma). Louis Pasteur (1822-1895) e Robert Koch (1843-1910) foron os primeiros científicos a descreber o papel das bacterias como vectores de varias doenzas.
Como xa foi referido, as bacterias foron inicialmente consideradas un grupo de plantas (no sentido da taxonomía de Lineu e agrupadas cos fungos (na clase Schizomycetes) mais, máis tarde, foron agrupadas con outros organismos unicelulares, os Protista e, máis tarde, entre os procariotas. Co advento das técnicas moleculares, en 1977, Carl Woese dividiu os procariotas en dous grupos, con base nas sequencias “16S” do r-RNA, que chamou os reinos Eubacteria e Archaebacteria, máis tarde denominados Bactería e Archaea. Alguns científicos, sen embargo, consideran que as diferenzas xenéticas entre aqueles dous grupos non xustifican a división e que tanto as arquebacterias e os eucariontes probabelmente se orixinaron a partir de bacterias primitivas.
As bacterias clasificanse morfoloxicamente de acordo coa forma da célula e co grau de agregación:
No entanto, poden ocorrer variacións xenéticas durante este proceso, a través da recombinación e mutación (alterazón aleatoria do código xenético) ou por transdución (transferencia de material xenético dun virus ou doutra bacteria a través dun virus, como os bacteriófagos). Por esta razón, as bacterias tamén se reproducen “sexualmente” por conxugación (transferencia do material xenético dunha bacteria para outra) e, a seguir, continúan o seu ciclo de reprodución asexuada.
A pesar de seren normalmente microscópicas, as bacterias poden reproducirse en tal cantidade que chegan a formar un “filme” visíbel a ollo nu, nunha superficie onde estexan a desenvolverse.
As bacterias presentanse nunha grande variedade de diferentes metabolismos:
Para alén desta clasificación, as bacteria poden distinguirse con base na fonte de redutores que utilizan na súa respirazón:
Estes diferentes tipos de metabolismo poden estar combinados nun único microorganismo. Por exemplo, as cianobacterias son fotolitoautotróficas e aparentemente foron as pioneiras no uso da auga como fonte de eléctrons. Moitas especies poden mudar de forma metabólica, de acordo coas condicións do meio ambiente.
Outros requisitos nutricionais das bacterias incluen nitróxeno, xofre, fósforo, vitaminas e elementos metálicos como sodio, potasio, calcio, magnesio, manganeso, ferro, cinco, cobalto, cobre e níquel. Algunhas especies necesitan aínda de pequenas cantidades adicionais de elementos como selenio, tungstenio, vanadio ou boro.
No que di respeito á súa reación ao oxíxeno, a maioría das bacterias poden ser colocadas en tres grupos:
Moitas bacterias viven en ambientes que son considerados extremos para o home e son, por iso, denominadas extremófilas, como por exemplo:
As bacterias móbiles móvense, quer a través da utilización de flaxelos, quer deslizando sobre superficies, ou aínda por alteracións da súa fluctuabilidade. As espiroquetas constitúen un grupo único de bacterias que posúen estruturas semellantes a flaxelos designadas por filamentos axiais ligadas a dous pontos da membrana celular no espazo periplasmático, alén de teren unha forma helicoidal que xira no meo para se movimentar.
Os flaxelos bacterianos atopanse organizados de diferentes formas: algunhas bacterias posuen un único flaxelo polar (nunha extremidade da célula), encanto outras posuen grupos de flaxelos, quer nunha extremidade, quer en toda a superficie da parede celular (bacterias “peritricosas”).
As bacterias poden moverse por reacción a certos estímulos, un comportamento chamado “taxia” (tamén presentes nas plantas), como por exemplo, quimiotaxia, fototaxia, mecanotaxia e magnetotaxia (ver o artigo en italiano bacterias magnetotáxicas). Nun grupo particular, as mixobacterias, as células individuais atraense quimicamente e forman pseudo-organismos ameboides que, para alén de "rastexaren", poden formar frutificacións.
A clasificación das bacterias mudou radicalmente nos últimos anos, de forma a reflectir o coñecimento actual sobre filoxenia, como resultado dos recentes avanzos na secuenciación dos xenes, na bioinformática e na bioloxía computacional. Orixinalmente as bacterias foron consideradas un grupo dos fungos, os Schizomycetes, con excepción das cianobacterias que eran consideradas "algas azuis". A descoberta da súa común estrutura celular procariótica distinta de todos os outros organismos (os eucariontes), levou a seren tratados como un grupo separado, denominado sucesivamente Monera, Bactería e Prokaryota. (Ver tamén Reino).
En xeral pensábase que os eucariontes fosen descendentes dos procariontes mais, estudando o seu RNA, Carl Woese descobriu que os procariontes comprendian dous grupos separados, a que el chamou Eubacteria e Archaebacteria mais que, máis tarde, el proprio renomeou de Bactería e Archaea. Woese argumentou que estes dous grupos, en conxunto cos eucariotas, forman dominios separados con orixe e evolución separadas a partir dun organismo primordial.
Deste xeito, as bacterias poderían ser divididas en varios reinos, mais normalmente son tratadas como un único reino, dividido en filos ou divisións. Son xeralmente consideradas un grupo monofilético, mais esta noción ten sido contestada por alguns autores.
No entanto, moitas bacterias son simbiontes do organismo humano e doutros animais como, por exemplo, as que viven no intestino axudando na dixestión e evitando a proliferazón de microbios patoxenicos.
No chan existen moitos microorganismos que traballan na transformación dos compostos de nitroxeno en formas que posan ser utilizadas polas plantas e moitos son bacterias que viven na rizosfera (a zona que inclui a superficie da raiz e o solo que a ela adhere). Algunhas destas bacterias – as nitrobacterias - poden usar o nitroxenio do ar e convertélo en compostos úteis para as plantas, un proceso denominado fixación do nitroxenio. A capacidade das bacterias para degradar unha grande variedade de compostos orgánicos é moito importante e existen grupos especializados de microorganismos que traballan na mineralización de clases específicas de compostoscomo, por exemplo, a decomposición da celulosa, que é un dos máis abundantes constituintes das plantas e difícil de degradar.
Existen aínda varias especies de bacterias usadas na preparazón de comidas ou bebidas fermentadas, incluindo queixos, pickles, mollo de soxa, sauerkraut (ou chucrute), vinagre, viño e iogurte. Con técnicas da biotecnoloxía foron xa “criadas” bacterias capaces de producir drogas terapéuticas, como a insulina e para a biodegradación de lixos tóxicos, incluindo derrames de hidrocarbonetos.
En termos de evolución, as bacterias parecen ser dos organismos máis antigos, con rexistros fóseis de hai 3,7 mil millóns de anos.
Segundo a Teoría da Endosimbiose, dous organelos celulares, as mitocondrias e os cloroplastos terían derivado dunha bacteria endosimbionte, probabelmente autotrófica, antepasada das actuais cianobacterias.
Poden enquistar, ou sexa, rodearse dunha parede celular especial que as protexe e ficar en estado de vida latente ata que as condicións ambientais volten a ser favorabeis; nesa forma, elas poden vivir na poeira da nosa casa e ser transportadas por correntes de ar e, desa maneira, infectar un ser vivo que respire ese ar.
O corpo humano contén normalmente billóns de microorganismos, na pel, debaixo das uñas, na boca, nariz, intestino e noutras cavidades do noso corpo; porén, elas son normalmente impedidas de crecer nos ollos polo líquido lacrimal.
Bakterie | جراثيم | Бактерии | ব্যাক্টেরিয়া | Bacteri | Bakterie | Bacteria | Eubacteria | Bakterien | Βακτήριο | Bacteria | Bakterio | Bacteria | Bakterid | Bakteria | باکتری | Bakteerit | Bacteria | חיידקים | Bakterije | Baktérium | Bakteri | Bacteria | Bakterio | Bacteria | 真正細菌 | 세균 | Bakterien | Bakterija | Baktērija | Бактерија | Bakterien | Bacterie | Bakterie | Bakterier | Bactéthie | Bakterie | Bactéria | Бактерия | Bacteria | Baktérie | Bakterija | Бактерија | Bakterier | கோலுரு நுண்ணுயிர் | แบคทีเรีย | Bakterya | Bakteri | Бактерія | Vi khuẩn | Bactereye | 细菌
This article is licensed under the GNU Free Documentation License.
It uses material from the
"Bacteria".
Home Page • arts • business • computers • games • health • hospitals • home • kids & teens • news • physicians • recreation• reference • regional • science • shopping • society • sports • world