Este artigo fala de aves animais, para outros significados vexa Aves (homónimos)
As aves varían moito no seu tamaño, dos minúsculos carrizos a especies de gran porte como o avestruz e o emu. Note que todos os páxaros son aves, mais nin todas as aves son páxaros. Os páxaros están incluidos na Orde Paseriformes, constituíndo a Orde máis rica, ou sexa, con maior número de especies dentro do grupo das aves.
En canto a maioría das aves se caracterizan polo voo, as ratitas non poden voar ou presentan voo limitado, unha característica considerada secundaria, ou sexa, adquirida por especies "novas" a partir de ancestrais que conseguian voar. Moitas outras especies, particularmente as insulares, tamén perderon esa habilidade. As especies non voadoras inclúen os pingüíns, avestruz, Kiwi, e o extinto dodo. As aves non voadoras son especialmente vulnerábeis á extinción por conta da acción antrópica directa (destrución e fragmentación do hábitat, polución, etc) ou indirecta (introdución de animais/plantas exóticas, mamíferos en particular).
No seu camiño evolutivo, as aves adquiriron varias características esenciais que permitiron o voo ao animal. Entre estas podemos citar:
As penas, considerada como diagnóstico das aves actuais, están presentes noutros grupos de dinosauros, entre eles o propio Tyrannosaurus rex. Estudos apuntan que a orixe das plumas se deu a partir de modificacións das escamas dos réptiles, tornándose cada vez máis diferenciadas, complexas e, posteriormente, viñeron a posibilitar os voos planado e batido. Acredítase que as penas terían sido preservadas na evolución polo seu valor adaptativo ao auxiliar no control térmico dos dinosauros - unha hipótese que apunta para o surximento da endotermia xa en grupos máis basais de Dinosauria (con relación ás aves) e paralelamente coa adquisición da mesma característica por répteis Sinapsida, que deron orixe aos mamíferos.
Os osos pneumáticos tamén se atopan noutros grupos de réptiles. A pesar de seren ocos (un termo mellor sería "non-macizos"), os ósos das aves son moi resistentes pois preservan un sistema de trabéculas óseas arranxadas piramidalmente no seu interior. Con relación a características óseas relacionadas á adaptación ao voo, podemos citar:
Canto a outros órganos, as aves perderon os dentes (redución do peso total do animal), as bexigas e a gran maioría dos grupos de aves perderon o ovario dereito. O sistema sacos aéreos funciona en conxunto co sistema respiratorio (por iso a respiración en aves é diferente dos outros grupos de tetrapodes). Ainda ten función de diminuír a densidade do animal, facilitando o voo e a natación (no caso de aves que mergullan).
Todas esas características xa se observan noutros grupos de réptiles, en especial nos Dinosauria, o que levou especialistas a clasificar as aves non como un grupo á parte (Clase Aves, como era coñecida antigamente), e si como un grupo especializado de dinosauros (vexa Ascendencia das Aves).
Do punto de vista morfolóxico, as aves constitúen un grupo un tanto particular e uniforme dentro dos tetrapodes (Tetrapoda) actuais. Particular porque se distiguen facilmente doutros grupos de animais vivos e uniformes porque, a pesar do gran número de especies e adaptacións das máis variadas para diferentes nichos ecolóxicos, o grupo como un todo mantén a súa morfoloxía bastante semellante (diferentemente, p. ex., dos mamíferos).
Entre as características morfolóxicas de grande importancia ecolóxica e evolutiva están o formato do bico e dos pés e a proporción área alar/tamaño corporal. Do punto de vista sistemático a estrutura da sirinxe é de particular interese, sendo de fundamental importancia na división da Orde Paseriformes en Tyranni (Suboscines, ou "aves gritadoras") e Paseri (Oscines, ou "aves canoras, que cantan"). Máis recentemente, a estrutura da sirinxe tamén ten sido usada para estudos filoxenéticos en grupos de aves non-Paseriformes (p. ex. os Falconiformes).
A subclase Enantiornithes e a orde Hesperornithiformes extinguíronse durante a extinción KT.
Así como os mamíferos, as aves son descendentes dos réptiles. Son, no entanto, descendentes de liñaxes distintas. As aves descenden de réptiles Diapsida, ao paso que os mamíferos descenden da liñaxe Sinapsida. O Archaeopteryx é o máis antigo fósil coñecido de ave e data de aproximadamente 140 millóns de anos atrás, do período Xurásico. O arqueopterix era un pouco maior que unha pomba e posuía rabo longo, percorrido pola columna vertebral, como os réptiles, alén de dentes, dedos individualizados con garras e, como característica máis marcante, penas do corpo e penas de voo asimétricas (indicios de que ese animal era capaz de voar). As aves pertencen ao mesmo grupo dos dinosauros, sendo que xa foron descubertas penas (ou estruturas semellantes, máis primitivas) noutros grupos de Dinosauria. Por tanto, actualmente acéptase o grupo aves non como Clase (a exemplo de Mammalia), mais un grupo bastante diversificado e actual de Dinosauria. Hai cerca de 65 millóns de anos, coa extinción da maioría dos grandes grupos de réptiles ocorreu unha gran radiación adaptativa e consecuente diversificación das aves, que pasaron a poboar practicamente todos os ambientes terrestres. A filoxenia dos grupos actuais de aves aínda está pouco claro, sendo difícil afirmar cales son os grupos ancestrais e cales os máis derivados e de quen descenden. Actualmente acéptanse dous grandes grupos de aves: Paleornithes (ratitas) e Neornithes (carinatas).
Voël | ???? | Páxaru | ????? | ??? | Ocell | ??? | Ve'kese | Ptáci | Aderyn | Fugl | Vögel | Bird | Birdoj | Ave | Linnud | ????? | Linnut | Oiseau | Fûgels | Éan | ????? | Ptice | Madár | Burung | Ucelo | Fugl | Aves | ?? | ?????????? | ? | Çûk | Edhen | Avis | Vullen | Veugel | Paukšciai | ????? | Burung | Tototl | Vagel | Voegels | Vogels | Fugl | Fugler | Ouaîsé | Aves | Voggel | Ptaki | ????? | Aceddi | Bird | Vtáky | Ptic | ????? | Fåglar | ???? | ?? | Kuslar | ????? | Chim | ?