Substancia formada a partir de átomos de Hidróxeno e Osíxeno, con moléculas de fórmula H2O.
Na natureza nunca se atopa en estado puro, senón misturada con minerais e outras moitas substancias.
É a base de todo organismo pluricelular, polo que a existencia de auga está íntimamente relacionada coa de vida. A maior parte dos animais e vexetais conteñen unha alta porcentaxe de auga, e son poucas as especies que poden sobrevivir nos lugares onde esta é escasa (desertos e outras zonas áridas).
Pode atoparse como auga dóce (en ríos, lagos, e montañas), ou como auga salgada nos mares e océanos. A auga ten un importante papel tanto en múltiples ámbitos: en bioloxía debido á xa mencionada importancia para a vida, en química pola súa composición e por seren unha molécula bipolar e de pH neutro, en xeoloxía polo seu importante papel na erosión das rochas,...
A cero graos centígrados (273 aproximadamente na escala Kelvin) atópase en estado sólido como xeo, e ferve a aproximadamente a 100 graos centígrados. O punto de xeación espontánea atópase preto dos 233 graos Kelvin. Na natureza pode atoparse tanto en estado sólido como líquido e gaseoso, pasando dun estado a outro nun ciclo continuo.
Protozoos| Enfermidade | Síntomas
| Amoeba | Disentería ameboide | Forte diarrea, dor de cabeza, dor abdominal, calafríos, febre; de non se tratar, abscesos no fígado, perforación intestinal e morte
| Cryptosporidium parvum | Criptosporidiose | Sensación de mareo, vómitos, diarrea acuosa, falta de apetito
| Giardia lamblia | Gardase | Diarrea, fatiga, cambras abdominais, flatulencia.
| Toxoplasma gondii | Toxoplasmose | Gripe, inflamación das glándulas linfáticas; aborto e infeccións cerebrais.
| |
Bacteria| Enfermidade | Síntomas
| Aeromonas sp. | Enterite | Diarrea moi líquida, con sangue e moco
| Campylobacter jejuni | Campilobacteriose | Gripe, diarreas, dor de cabeza e estómago, febre, cambras e náuseas
| Escherichia coli | Infeccións do tracto urinario, meninxite neonatal, enfermidades intestinais | Diarrea acuosa, dores de cabeza, febre, uremia, danos hepáticos
| Plesiomonas shigelloides | Plesiomonas-infección | Náuseas, dores de estómago e diarrea acuosa, dores de cabeza e vómitos
| Salmonella typhi | Febre tifoide | Febre
| Salmonella sp. | Salmonelose | Mareos, cambras intestinais, vómitos, diarrea e ás veces febre leve
| Streptococcus sp. | Enfermidade (gastro) intestinal | Dores de estómago, diarrea e febre, ás veces vómitos
| Vibrio O Tor | Cólera (forma leve) | Forte diarrea
| |
química | bioloxía | etimoloxía
Wasser | ماء | Вода | জল | Aigua | Voda | Dŵr | Vand | Wasser | Νερό | Water | Akvo | Agua | Vesi | Ur | Vesi | Eau | Uisce | מים | Voda | Víz | Air | Aquo | Vatn | Acqua | 水 | 물 | Av | Aqua | Agua | Vanduo | Ūdens | Вода | Air | Atl | Water | Water | Vatn | Vann | Woda | Água | Вода | Water | Voda | Voda | Uji | Вода | Cai | Vatten | நீர் | น้ำ | Su | Вода | Nước | Vat | 水 | Chúi