Concello da Provincia de Pontevedra en Galicia. Pertence á Comarca de Caldas.
Poboación en 2003: 6.174 persoas segundo o Padrón municipal de habitantes.
Xentilicio (véxase no Galizionario) :
Localización
Valga atópase na beira esquerda do curso baixo do
río Ulla; está cruzado pola autoestrada
AP9, o camiño de ferro da
Coruña a
Vigo, a
N-550 da
Coruña a
Pontevedra e a
C-550 de
Fisterra a
Tui.
A parte norte ocúpaa o amplo val do Ulla, ao que verten os ríos Louro e Valga, que transcorren paralelos parte do seu percorrido. Cara o sul hai dous montes, o Monte Xiabre (cos 372 m. do Monte Fontebecha) e o Monte Xesteiras (cos 352 m. do Monte Lomba, os 365 m. do Monte da Salgueira e os 221 m. do Monte do Gorgullón). As vías de comunicación circulan na depresión entre estas dúas unidades.
As temperaturas son suaves, cunha media de 13°C. Chove bastante, até chegar aos 1.700 mm. anuais.
Historia
Durante a
Idade Media o territorio era
señorío do
arcebispo de
Santiago de Compostela e dividíase entre
Cordeiro e
Padrón. Durante a
Guerra de Independencia Española tivo lugar unha batalla en
Casal do Eirixo (
27 de abril de
1809), na que os voluntarios do lugar, dirixidos por
Pablo Morillo e polo
cura Concha fixeron retroceder até
Cesures ás tropas de
Ney e
Maucunne. Parece que con tal ocasión foi construída a
ermida de Nosa Señora da Saúde.
En 1926 a parroquia de Pontecesures segregouse para constituir un concello propio.
Monumentos e turismo
No concello de Valga atópase unha das mellores estacións
rupestres, o
Petroglifo de
Camporredondo. Tamén hai varios
castros:
A Roda do Castro e
O Castro en
Setecoros e
O Castro en
Cordeiro. A capela de
Os Martores de Valga data do
século V ou mesmo antes, ainda que foi ampliada no
XVII. A igrexa de
Santa María de xanza é
románica.
Dada a orografía do territorio, abundan os miradoiros, como o de Chan do Monte en Setecoros, o de Camporredondo mencionado e o Miradoiro do monte Xesteiras.
Lugares de Valga
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Valga vexa:
Lugares de Valga.
Parroquias
Véxase tamén
Concellos galegos
Valga | Valga | Valga | Valga | Valga (Estonia) | Valga | Valga | Valga (Espanha) | Валга