A Torre Eiffel é un monumento situado en París, a capital de Francia. Foi deseñada por Gustave Eiffel para a Exposición Universal que se celebrou na cidade no ano 1889, celebrando o centenario da Revolución Francesa. A torre foi inaugurada o 31 de marzo de 1889, e foi aberta ao público o 6 de maio.
O material empregado foi ferro forxado erixido con 18.038 pezas entrecruzadas fixadas por 2.500.000 remaches, cun peso de 7.300 toneladas. Ten unha altura de 324 metros incluidas as antenas, que diferentes canles de televisión francesas instalaron no cumio da torre. Nela traballaron 50 enxeñeiros e 132 obreiros. Conta con 1665 escalóns, para os visitantes deportivos, e ascensores transparentes que soben ata a segunda planta, onde se atopan gran cantidade de boutiques de lembranzas.
Para manter a estructura, cada 7 anos é pintada con 50 toneladas de pintura. Ás veces, cámbiase a cor da pintura. Na actualidade ten unha tonalidade bronce. No primeiro piso, hai consolas que permiten votar na elección da futura cor da estructura.
Eiffelturm | برج إيفل | Айфелова кула | Eiffelov toranj | Torre Eiffel | Eiffelova věž | Eiffeltårnet | Eiffelturm | Eiffel Tower | Eiffel-Turo | Torre Eiffel | Eiffeli torn | Eiffel Dorre | برج ایفل | Eiffelin torni | Tour Eiffel | מגדל אייפל | Eiffelov toranj | Eiffel-torony | Menara Eiffel | Torre Eiffel | エッフェル塔 | ეიფელის კოშკი | 에펠 탑 | Qûleya Eyfelê | Eifelio bokštas | Eifeļa tornis | Eiffeltoren | Eiffeltårnet | Eiffeltårnet | Wieża Eiffla | Torre Eiffel | Turnul Eiffel | Эйфелева башня | Eiffel Tower | Eifflov stolp | Ајфелова кула | Eiffeltornet | ஈபெல் கோபுரம் | หอไอเฟล | Eyfel Kulesi | Ейфелева вежа | Tháp Eiffel | 艾菲爾鐵塔
This article is licensed under the GNU Free Documentation License.
It uses material from the
"Torre Eiffel".
Home Page • arts • business • computers • games • health • hospitals • home • kids & teens • news • physicians • recreation• reference • regional • science • shopping • society • sports • world