A Termodinámica é a parte da Física que estuda os fenómenos relacionados con traballo , enerxía , calor e entropía , mediante as leis que gobernan os procesos nos que se ve involucrada a enerxía térmica. A pesar de todos nós termos un sentimento do que é enerxía, é moi difícil elaborar unha definición precisa para ela. A enerxía pode ser vista como a capacidade de realizar un traballo, a capacidade de realizar mudanzas nos sistemas, un estado de vibración dos sistemas, etc.
É bastante coñecido o feito de que unha substancia está constituída dun conxunto de partículas denominadas moléculas. As propiedades dunha substancia dependen, naturalmente, do comportamento destas partículas. A partir dunha visión macroscópica para o estudo do sistema, que non requer o coñecemento do comportamento individual destas partículas, desenvolveuse a chamada termodinámica clásica . Permite abordar dunha maneira fácil e directa a solución de moitos problemas. Unha abordaxe máis elaborada e rigorosa, baseada no comportamento medio de grandes grupos de partículas, dase en chamar termodinámica estatística .
Sempre que unha ou máis propiedades dun sistema varían, dise que ocorreu unha mudanza de estado . O camiño a través de sucesivos estados polo cal pasa o sistema defínese como proceso. Un proceso de case-equilíbrio é aquel en que o desvío do equilíbrio termodinámico é infinitesimal, e todos os estados polo cal o sistema pasa pode considerarse como estados de equilíbrio. Moitos procesos reais poden aproximarse con precisión por sucesivos procesos de case-equilíbrio.
Por outro lado, se un proceso evolui moi axiña e o sistema non estivo en equilíbrio durante ningún instante durante a mudanza de estado, este é un proceso de non-equilíbrio. Na termodinámica clásica a descrición destes procesos fica limitada ao que había antes e despois de restabelecido o equilíbrio, sendo esta incapaz de especificar os estados intermediarios polos que pasou o sistema. Unha abordaxe máis efeiciente destes procesos faise a través da termodinámica do non equilíbrio .
A pesar da antiga convivencia do ser humano con manifestacións de calor e outras formas de enerxía, a termodinámica non emerxiu como unha ciencia ata cerca de 1700 cando as primeiras tentativas para construír unha máquina a vapor foron feitas na Inglaterra por Thomas Savery e Thomas Newcomen . Estas máquinas eran moito lentas e ineficientes, mais eles abriron o camiño para o desenvolvemento dunha nova ciencia. O termo termodinámica foi primeiramente utilizado nunha publicación de Lorde Kelvin en 1849 . O primeiro texto de termodinámica foi escrito en 1859 por William Rankine , un profesor da Universidade de Glasgow na Escocia . O gran progreso da termodinámica ocorreu no inicio dos anos de 1900 , cando se expurgaron teorías erroneas, transformándose nunha ciencia madura.
A termodinámica permite determinar a dirección na cal varios procesos físicos e químicos irán ocorrer. Tamén permite determinar as relacións entre as diversas propiedades dunha substancia. Con todo ela non traballa con modelos da microestrutura da substancia, e non é capaz de fornecer detalles dela, mais unha vez que algúns dados sexan coñecidos, a través do método da termodinámica clásica, outras propiedades poden determinarse.
A termodinámica está baseada en leis estabelecidas experimentalmente:
Termodinamika | تحريك حراري | Termodinàmica | Termika | Termodynamik | Thermodynamik | Thermodynamics | Termodinámica | Termodynamiikka | Thermodynamique | תרמודינמיקה | Termodinamika | Termodinamika | Varmafræði | Termodinamica | 熱力学 | 열역학 | Thermodynamik | Termodinamika | Thermodynamica | Termodynamika | Termodinâmica | Termodinamică | Термодинамика | Termodinamika | Termodynamik | อุณหพลศาสตร์ | Termodinamik | Nhiệt động lực học | 热力学
This article is licensed under the GNU Free Documentation License.
It uses material from the
"Termodinámica".
Home Page • arts • business • computers • games • health • hospitals • home • kids & teens • news • physicians • recreation• reference • regional • science • shopping • society • sports • world