article

Ningizimu Afrika
Republiek van Suid-Afrika
Republic of South Africa
República da África do Sur
Lema: !ke e: /xarra //ke (Unión na diferenza dos pobos (enKhoisan de /Xam) * Linguas oficiais Afrikaans, Inglés, Zulu, Xhosa, Swazi, Ndebele, Sotho do Sur, Sotho do Norte, Tsonga, Tswana e Venda Capitais Cidade do Cabo (lexislativa)
Pretoria (administrativa)
Bloemfontein (xudicial) Maior cidade Cidade do Cabo (censo de 1991) Presidente Thabo Mbeki Área
- Total
- % auga 24º
1,219,912 km²
despreciable Poboación
- Total (2002)
- Densidade 26º
43,647,658
36/km² Independencia
-Data1 do Reino Unido:
31 de maio, 1910 Moeda Rand Fuso horario UTC +2 Himnos nacionais Nkosi Sikelel iAfrica (Deus abenzoe a África)
Die Sten van Suid Afrika (O chamamento da África do Sur)
TLD (Internet) .ZA Código telefónico 27 (1) Formado como Unión da África do Sur. O nome mudou para República da África do Sur o 31 de maio de 1961.

A Sudáfrica ou África do Sur é o país mais meridional de África, limitado a norte pola Namibia, polo Botsuana e polo Cimbabue, a leste por Mozambique e pola Suacilandia, ao leste e ao Sur polo Océano Índico e ao oeste polo Océano Atlántico, e rodeando por completo o Lesoto. Ten tres capitais: Cidade do Cabo (lexislativa), Pretoria (administrativa), e Bloemfontein (xudicial).

Historia


África do Sur é un dos estados-nacións mais antigo de África. Cando os primeiros colonos neerlandeses chegaron a ela no 1652, a África do Sur estaba habitada por tribos africanas como os khoi, os san, os xhosa e os zulú. Inglaterra foi conquistando progresivamente o poder aos neerlandeses, contra os cais trabaron tres guerras: a guerra Anglo-Holandesa e mailas dúas guerras dos Boers. No 1910 as catro repúblicas da región unironse para formar a Unión da África do Sur. No 1931 a África do Sur tornouse un Dominio británico totalmente soberano. No 1961 tornouse nunha república.

Véxase tamén a historia do Apartheid

Política


O goberno surafricano funciona segundo un sistema parlamentario, se ben que o Presidente da África do Sur sexa ao mesmo tempo xefe de estado e xefe de goberno. O presidente é eleito nunha sesión conxunta do parlamento bicameral, que consta dunha Asamblea Nacional (National Assembly), ou cámara baixa, e un Consello Nacional de Provincias (National Council of Provinces), ou cámara alta.

A Asamblea Nacional tén 400 membros, eleitos en representación proporcional. O Consello Nacional de Provincias, que substituiu o senado en 1997, está composto por 90 membros representando cada unha das nove provincias da África do Sur, ademais das grandes cidades.

Cada provincia da África do Sur tén unha Lexislatura Provincial unicameral e un Consello Executivo liderado por un primeiro-ministro (premier).

Subdivisións


A África do Sur está dividida en 9 provincias:

Xeografía


A África do Sur tén unha paisaxe variada. Na parte occidental, exténdese unha gran meseta composta en parte por deserto e en parte por pastos e sabanas, cortada polo curso do río Orange e do seu principal afluente, o Vaal. Ao sur, érguense as cordilleiras do Karroo e, ao leste o Drakensberg, a maior cadea montañosa da África meridional. Ao norte, o curso do rio Limpopo serve de fronteira coa Botswana e Zimbabwe. O clima varía entre unha pequena zona de clima mediterráneo, no extremo Sur, na rexión do Cabo, a desértico ao noroeste. No Drakensberg hai áreas con clima de montaña. A maior cidade é Johanesburgo. A Cidade do Cabo, Durban e Pretoria son outras cidades importantes.

Economía


A África do Sur é un dos maiores produtores de ouro e diamantes. Existen grandes diferenzas entre a poboación de orixe europeia, máis rica, e a poboación de orixe africana, mais pobre.

Cultura


Linguas

Sudáfrica tén 11 linguas oficiais : inglés, afrikaans, zulú, swati, ndebele, linguas sesotho do norte e do sur, Tsonga, tswana , venda e xhosa.

O país recoñece ademais oito non oficiais: fanagalo, lobedu, ndebele, phuthi, linguaxe de sinos sudafricana, khoe, nama e san. Éstas pódense usar en certos usos oficiais en áreas limitadas onde se determinou que estas linguas prevalecen.

Feriados
Data Nome en galego Nome local Observaions

Ver tamén


PaísesÁfricaSudáfrica

Suid-Afrika | ደቡብ አፍሪካ | Surafrica | Sūðafrica | جنوب أفريقيا | República Surafricana | Южноафриканска република | Južna Afrika | Sud-àfrica | Jihoafrická republika | De Affrica | Sydafrika | Südafrika | Νότια Αφρική | South Africa | Sud-Afriko | Sudáfrica | Lõuna-Aafrika Vabariik | آفریقای جنوبی | Etelä-Afrikka | Afrique du Sud | Africa du Sud | An Afraic Theas | Afraga a Deas | דרום אפריקה | दक्षिण अफ्रीका | Južnoafrička Republika | Afrik disid (peyi) | Dél-afrikai Köztársaság | Africa del Sud | Afrika Selatan | Sud-Afrika | Suður-Afríka | Sudafrica | 南アフリカ共和国 | სამხრეთ აფრიკის რესპუბლიკა | 남아프리카 공화국 | दक्षिण अफ्रीका | Afrika Dheghow | Africa Australis | Südafrika | Zuud-Afrika | Pietų Afrikos Respublika | Dienvidāfrikas Republika | Awherika ki te Tonga | Јужна Африка | Afrika Selatan | Süüdafrika | Zuid-Afrika | Sør-Afrika | Sør-Afrika | Africa del Sud | Republika Południowej Afryki | África do Sul | Africa dal Sid | Africa de Sud | Южно-Африканская Республика | दक्षिण अफ्रीका | Àfrica dû Sud | Južna Afrika | South Africa | Južná Afrika (štát) | Južna Afrika | Afrika e Jugut | Јужноафричка Република | Sydafrika | தென்னாபிரிக்கா | ประเทศแอฟริกาใต้ | Timog Aprika | Aferika Borwa | Saut Aprika | Güney Afrika Cumhuriyeti | Південно-Африканська Республіка | Cộng hòa Nam Phi | 南非 | Lâm-hui-kok | IRiphabliki yaseNingizimu Afrika

 

This article is licensed under the GNU Free Documentation License. It uses material from the "Sudáfrica - Ningizimu Afrika".

Home Pageartsbusinesscomputersgameshealthhospitalshomekids & teensnewsphysiciansrecreationreferenceregionalscienceshoppingsocietysportsworld