article

Un sistema de coordenadas é un conxunto de valores que permiten definir unívocamente a posición de calquera punto dun espazo xeométrico respecto dun punto denominado orixe. O conxunto de eixos, puntos ou planos que conflúen na orixe e a partir dos cales se calculan as coordenadas constitúen o que se denomina sistema de referencia.

Sistemas usuais


Sistema de coordenadas cartesianas

As coordenadas cartesianas defínense por dous eixos cando se trata de fixar puntos no plano, e por tres no espazo. Considéranse eixos mutuamente perpendiculares que se cortan na orixe. As coordenadas dun punto cualquera virán dadas polas proxeccións da distancia entre o punto e maila orixe sobre cada un dos eixos.

Sistema de coordenadas polares

As coordenadas polares defínense por un eixo que pasa pola orixe (chamado eixo polar). A primeira coordenada é a distancia entre a orixe e o punto considerado, mentres que a segunda é o ángulo que forman o eixo polar e a recta que pasa por ambos os puntos.

Sistema de coordenadas cilíndricas

O sistema de coordenadas cilíndricas é unha xeralización do sistema de coordenadas polares plano, ao que se engade un terceiro eixo de referencia perpendicular aos outros dous. A primeira coordenada é a distancia existente entre a orixe e o punto, a segunda é o ángulo que forman o eixo e a recta que pasa por ambos puntos, mentras que a terceira é a coordenada que determina a altura do cilindro.

Sistema de coordenadas esféricas

O sistema de coordenadas esféricas está formado por tres eixos mutuamente perpendiculares que se cortan na orixe. A primeira coordenada é a distancia entre a orixe e o punto, sendo as outras dous os ángulos que é necesario xirar para alcanzar a posición do punto.

Coordenadas xeográficas

Son a latitude e maila lonxitude. Poden mostrase nos seguintes formatos:

  • DD Decimal Degree (Graos Decimais): ex. 49.500-123.500
  • DM Degree:Minute (Graos:Minutos): ex. 49:30.0-123:30.0
  • DMS Degree:Minute:Second (Graos:Minutos:Segundos): ex. 49:30:00-123:30:00

Véxase tamén


Coordenadas cartesianas

Coordenadas polares

Coordenadas cilíndricas

Coordenadas esféricas

Coordenadas xeográficas

Ligazóns Externas


Epsilóns - A invención dos sistemas de coordenadas

Matemáticas | Xeografía

Coordenada | Coordenada | Soustava souřadnic | Koordinatsystem | Koordinatensystem | Coordinate system | Koordinatsistemo | Sistema de coordenadas | Koordinaatsüsteem | Système de coordonnées | קואורדינטות | Sistema di riferimento | 座標 | 좌표계 | Koordinate-system | Koordinačių sistema | Coördinaat | Koordinatsystem | Układ współrzędnych | Sistema de coordenadas | Система координат | Sústava súradníc | Koordinatsystem | பகுமுறை வடிவியல் | Cистеми координат в елементарній математиці | 座標系統

 

This article is licensed under the GNU Free Documentation License. It uses material from the "Sistema de coordenadas".

Home Pageartsbusinesscomputersgameshealthhospitalshomekids & teensnewsphysiciansrecreationreferenceregionalscienceshoppingsocietysportsworld