article

Un silabario é un conxunto de símbolos empregados para representar os sons dunha lingua. Os signos representan sílabas, a diferenza dun alfabeto onde os signos representan sons ou fonemas.

En xeral, nun silabario os caracteres foneticamente próximos (como «ka», «ke» ou «ko») non teñen un grafismo similar - a diferenza dun alfasilabario onde unha base consonántica común se modifica dependendo da vogal que se queira representar.

Os silabarios están particularmente adaptados ás linguas que empregan esencialmente sílabas de tipo consoante - vogal (o xaponés, por exemplo), o que limita o número de combinacións. Para linguas que utilizan estruturas silábicas máis complexas (como o francés, o inglés ou o galego), o uso dun silabario sería sen dúbida pouco práctico.

Lista de silabarios


Nota: a escritura coreana hangul é un alfabeto pleno, aínda que poida aparecer a primeira vista como un silabario (nel as letras se combinan por bloques dunha sílaba). As linguas da India e o amhárico utilizan alfasilabarios.

Ligazóns externas


  • Syllabaries, na páxina Omniglot, que presenta unha lista de silabarios

Grafémica

Silbenschrift | Silabenneg | Sil·labari | Silbenschrift | Syllabary | Silabaroj | Silabario | Syllabaire | Atkvæðatáknróf | 音節文字 | 음절 문자 | Syllabisch schrift | Silabário | Silabar | Stavelseskrift

 

This article is licensed under the GNU Free Documentation License. It uses material from the "Silabario".

Home Pageartsbusinesscomputersgameshealthhospitalshomekids & teensnewsphysiciansrecreationreferenceregionalscienceshoppingsocietysportsworld