A Sibéria (Ruso: Сиби́рь, Sibir) é unha vasta rexión da Rusia e do Norte do Casaquistán, integralmente no norte da Asia, estendéndose dos Urais ao Océano Pacífico, e para sur desde o Océano Ártico ata aos montes do centro-norte do Casaquistán e ata á fronteira coa Mongolia e China.
Entre os trazos culturais usados para xustificar a dominación e a asimilación dos pobos siberianos salientan os ritos funerarios: debido á dificuldade en abrir campas cos instrumentos de que dispuñan en solo xelado ou encharcado, as culturas siberianas non enterraban os seus mortos. Os koryaques e os chukchis disecábanos. Os yukaghires desmembrábanos e despois distribuían as varias partes, xa secas, entre os familiares máis próximos. Estes anacos do ente querido eran apelidados de "abós", funcionando como amuletos. Os kamchadales, pola súa banda, tiñan en mente as necesidades de transporte no Alén: daban os cadavres a comer aos cans, para que os falecidos tivesen un bon equipo de cans a puxarlles a zorra.
Os rusos, presos ás suas tradicións cristiás, vían estes pobos como "bárbaros". Curiosamente, nesta mesma época (séculos XVII e XVIII), a Europa occidental ollaba para o czar e os seus súbditos dunha forma semellante.
Non embargantes, os cosacos aprenderon axiña que lles sairía moi caro desprezar toda a experiencia acumulada polos siberianos ao longo das moitas xeracións que levaron a atopar as mellores solucións de sobrevivencia no clima agreste da Siberia e na escasez local de recursos.
Un dos aspectos onde eles mais axiña adoptaron os costumes locais foi na alimentación, e moita dela chegou aos nosos dias.
Os ostyaques e voguls, por exemplo, bebían o sangue fresco das renos e, cando tal non era posible, aproveitábano para facer panqueiques ou para engrosar a sopa. O peixe xeralmente comíase cru, e para acompañar bebíase seiba de bedueiro. Os quirguices, buriates e yakutes adoraban kumis - leite de egua fermentado. Os yakutes orgullecíanse particularmente do seu "alcatrán de leite" (non sendo a tradución fiable): trátase dunha mestura cocida de carne, peixe, raíces, herbas e casca de árbores. Todo isto triturábase ben e mesturábase, xuntándoselle despois fariña e leite.
Mais o grande alimento dos siberianos era o reno, no que non se distinguían de todos os outros pobos do Ártico. Os nómadas da tundra aprobeitaban todo daqueles animais: os globos oculares comíanse como se comen aceitunas, os labios e orellas eran especialmente apreciados e ata se usaba o contido semidixerido dos intestinos (febras de plantas) para facer "pudins negros" (os outros ingredientes eran a gordura e mailo sangue callado).
Сыбір | Сибир | Sibèria | Sibiř | Sibirien | Sibirien | Σιβηρία | Siberia | Siberio | Siberia | Siber | Siperia | Sibérie | סיביר | Sibir | Szibéria | Siberia | Siberia | シベリア | 시베리아 | Siberia | Sibiras | Сибир | Сиберия | Sibirien | Siberië | Sibir | Sibir | Сыбыр | Syberia | Sibéria | Siberia | Сибирь | Sibberia | Sibir | Sibír | Sibirija | Сибир | Sibéria | Sibirien | ไซบีเรีย | Siberia | Sibirya | Сибір | Sibereye | 西伯利亚
This article is licensed under the GNU Free Documentation License.
It uses material from the
"Siberia - Сибирь".
Home Page • arts • business • computers • games • health • hospitals • home • kids & teens • news • physicians • recreation• reference • regional • science • shopping • society • sports • world