A Semántica é a subdisciplina da lingüística que se encarga de estudar o significado. A súa última revolución foi a da lingüística cognitiva, pois o estruturalismo de Ferdinand de Saussure (que descubriu a súa estrutura na lingua co construto das articulacións lingüísticas), non lle proporcionou demasiado desenvolvemento e o transformacionalismo de Noam Chomsky non lle deu demasiada importancia.
Entre os seus temas de estudo principais están os casos de sinonimia, homonimia, polisemia e campos semánticos. Co desenvolvemento multidisciplinar da lingüística cognitiva por parte de Ronald Langacker na década de 1980, reabríronse temas de traballo coma a metáfora, a metonimia e a categorización. Tamén está moi asociada á lexicoloxía (e polo tanto coa lexicografía), sobre todo mediante a estrutura chamada campo léxico.
A semántica filosófica preocuparase por cales son as relacións entre o signo lingüístico e o referente extralingüístico. A semántica lingüística estudará as unidades significativas mínimas diferenciais, 'os lexemas', e as relacións que entre eles se establecen no seo dunha lingua concreta.
A semántica, rama da lingüística que se ocupa dos cambios de significación que operan nas palabras, é unha ciencia diacrónica, fronte á lexicoloxía (tamén denominada semántica sincrónica), disciplina que estuda o léxico dunha lingua, e que traballa no plano sincrónico.
Semántica | Сэмантыка | Семантика | Semantik | Semàntica | Sémantika | Семантика (лингвистика) | Semantik | Semantik | Semantics | Semantiko | Semántica | Semantika | معناشناسی | Semantiikka | Sémantique | סמנטיקה | Szemantika | Semantica | Semantik | Semantiko | Merkingarfræði | Semantica | 意味論 | smuske | 의미론 | Semantika | Семантикэ | Semantik | Semantiek | Semantikk | Semantyka | Semântica | Semantică | Лингвистическая семантика | Sémantika (náuka) | Семантика | Semantik | சொற்பொருளியல் | Semantik | Семантика | 语义学
This article is licensed under the GNU Free Documentation License.
It uses material from the
"Semántica".
Home Page • arts • business • computers • games • health • hospitals • home • kids & teens • news • physicians • recreation• reference • regional • science • shopping • society • sports • world