article

A Salmonelose é unha intoxicación alimentaria causada pola bacteria Salmonella enterica. Causa diarrea intensa e outros síntomas abdominais. A febre tifoide é unha enfermidade relacionada, mais causada por subespecies diferentes.

Salmonella enterica


As Salmonella son bacilos Gram-negativos, móbiles e anaerobios facultativos, pertencentes á familia Enterobacteriaceae. Ten altos niveis de metabolismo en comparación con outras bacterias.

A Salmonella enterica produce unha enterotoxina. É resistente ao paso polo estómago, producindo encimas que a protexe da acidez e das proteases.

Ela invade localmente a mucosa intestinal a través da endocitose polas células M. É resistente á dixestión dentro de fagocitos. Non é invasiva ao contrario da Salmonella typhi.

Epidemioloxía


Hai preto de 20 casos por 100.000 persoas por ano, nos países occidentais desenvolvidos.

Coloniza case todos os animais domésticos, mais especialmente ás aves, e é inxerida en comida ou auga contaminada. Os ovos e carne de aves mal cociñados son as fontes máis comúns da infección. Nos nenos a transmisión fecal oral directa doutro neno infectada é outra forma de transmisión frecuente.

Progresión e Síntomas


A enterite (inflamación da mucosa intestinal) iníciase de 6 a 48 horas despois da inxestión da comida contaminada. Xorden abruptamente síntomas como vómitos, náuseas violentas, e diarrea profusa sen sangue, así como febre, dor abdominal forte e dores de cabeza, que persisten durante dous a sete días. Xeralmente non hai complicacións e a resolución é completa.

Unha complicación rara é a septicemia (infección do sangue), que é unha emerxencia médica que pode resultar en osteomielite, endocardite e artrite. Nestes casos úsanse antibióticos.

Diagnóstico


É feito por cultivo en medio específico de mostras fecais e análise microscópica e bioquímica.

Tratamento


Non se aconsella o tratamento antibiótico, porque moitas veces prolonga a doenza. Como non é unha condición grave, a pesar de extremadamente incomoda e socialmente humillante, non se fai ningún tratamento na maioría dos casos, xa que se soluciona espontaneamente sen complicacións.

É aconsellado beber auga cun pouco de sal e azucre para evitar síntomas de deshidratación, especialmente en nenos.

Prevención


A carne de aves e ovos deben ser ben cociñados, e deben ser observadas medidas de hixiene básicas na preparación da comida. Despois de preparación de carne de aves crúa ou ovos, a bancada e os utensilios usados deben ser ben lavados antes de seren usados noutros alimentos.

medicina doenzas

Salmonellose | Salmonellosis | Salmonellose | Salmoneliozė | Salmonelloza | Salmonelose | Salmonellosis

 

This article is licensed under the GNU Free Documentation License. It uses material from the "Salmonelose".

Home Pageartsbusinesscomputersgameshealthhospitalshomekids & teensnewsphysiciansrecreationreferenceregionalscienceshoppingsocietysportsworld