A Rusia (en Ruso: Россия, transliteración: Rossiya), ou Federación Rusa (en Ruso: Российская Федерация, transliteración: Rossiyskaya Federatsiya), é o maior país do mundo, extendéndose por case a metade de Europa e por perto dun terzo da Asia. Comprende, alén da porción continental, o enclave de Kaliningrado, no Mar Báltico, e unha serie de illas e arquipélagos árticos, entre os cais os máis importantes son a Terra de Francisco Xosé, as illas Nova Zembla, a illa de Kolguev, o arquipélago da Terra do Norte, as illas da Nova Siberia e a illa de Wrangell. Inclue tamén varias illas e arquipélagos no Extremo Oriente, en particular a illa Sahalín, as illas Curiles e as illas Komandorskie. A porción continental limita ao norte co Mar Branco, Mar de Kara, Mar de Laptev, Mar da Siberia Oriental e Mar de Chukchi, ao leste co Estreito de Bering e Mar de Bering, que establecen comunicación co Alasca, co Oceano Pacífico, co Mar de Okhotsk e co Mar do Xapón, através do cal contacta co Xapón, ao sur coa Corea do Norte, coa China, con Mongolia, co Casaquistán, co Mar Caspio, co Azerbaixán, coa Xeorxia e co Mar Negro, do outro lado do cal está a Turquía, e a oeste limita co Mar de Azov, coa Ucraína, coa Bielorrusia, coa Letonia, coa Estonia, co Golfo da Finlandia, coa Finlandia e coa Noruega. Capital: Moscova
Repetidas e devastadoras derrotas das tropas rusas na Primeira Guerra Mundial levaron a motíns xeralizados nas principais cidades do Imperio Ruso e á derrota, en 1917, da dinastía dos Romanov, que reinou perante 300 anos. Os comunistas, baixo o comando de Vladimir Iliych Ulyanov (coñecido por Lenin) conquistaron o poder deseguido, e formaron a URSS, na que Rusia ingresou como a República Socialista Sovietica Federativa de Rusia. Baixo o goberno de Iosif Stalin (nacido na Xeorxia) o dominio Ruso baixo a Unión Soviética fortaleceuse, ao custo de millóns de mortos e deportacións. A economia e a sociedade soviética ficaran atufadas en anos posteriores ata que o Secretario Xeral do Partido Comunista Mikhail Gorbachev introduciu a chamada glasnost (abertura, transparencia) e a perestroika (reestruturación) nunha tentativa de modernizar o comunismo, mais as súas iniciativas, sen que o desexase, estimularon forzas que, mais tarde, ata o fin de 1991, dividiron a antiga URSS en 15 repúblicas independentes. Dende entón, Rusia ten feito esforzos para construir un sistema político democrático e unha economía de mercado, para substituir o ríxido planexamento e control social, político e económico do período comunista. Un conflito de guerrillas forte aínda ocorre na rexión do Cáucaso Ruso, na república da Chechenia.
A Rusia divídese en 89 subdivisións. 49 provincias, 21 repúblicas, 10 distritos autónomos, 6 territorios, 2 cidades autónomas e unha provincia autónoma.
Cada distrito autónomo fai parte dun territorio ou unha provincia, do que parcialmente depende. Os outros tipos de subdivisións son independentes.
Nos últimos anos comezou o proceso de agregación das subdivisións.
Oreleve é variado: dominan chairas e vales (3/4 do territorio). As chairas Leste-Europea e Oeste-Siberiana, divididas polos montes Urais, son as maiores do planeta. Ponto máis elevado: monte Elbrus (5642 m.).
Catro zonas climáticas - ártica, subártica, temperada e subtropical - determinan o clima da Rusia con 4 seguintes estacións no ano: inverno longo e nevoso, primavera temperada, verán curto e quente e outono chuvoso. As temperaturas medias varían en todo o territorio: en xaneiro - de -1 C a -50 C, en xullo - de 1 C a 25 C. Perto do 14 % do territorio (Siberia Norte e Norte do Oriente Extremo) fican alén do círculo polar co chan perenemente conxelado. A noite alá é de 60 días. As paisaxes severas dos desertos árticos do Norte sucedeas a tundra con mofo e lIquen. O inverno na tundra conta con 8-9 meses por ano. Máis para o Sur están espalladas as famosas florestas rusas que ocupan por volta de 43 % do territorio do país. Os boscos densos de coníferas de difícil acceso chámanse "taigá".
Na zona central da Rusia atópanse as fragas máis claras, mistas, dominadas por bidueiros, ameneiros, carballos. As fragas das zonas centrais están divididas por estepas. A maior parte de estepas é laborada e semeada por trigo, centeo, millo, xirasóis, etc. No Sur do país, principalmente na costa do Mar Negro, o clima é subtropical co inverno curto e húmido e verán longo e quente. Praias bonitas, sol e augas cristalinas atraen aos turistas de todo o país.
Na Rusia hai perto de 120 mil ríos. A maioría fica conxelada no inverno
O presidente actual da Federación Rusa é Vladimir Putin.
Dentro da literatura Rusa atópanse grandes mestres da literatura universal, rusos coma Alexander Pushkin, Fiodor Dostoievski, Lev Tolstoi, Anton Chekhov, etc.
Rusland | Russland | Rusia | Russland | روسيا | Rusia | Расея | Русия | Rusija | Rússia | Rusko | Ruskô | Раççей Патшалăхě | Ffederasiwn Rwsia | Rusland | Russland | Ρωσία | Russia | Rusio | Rusia | Venemaa | روسیه | Venäjä | Russie | Ruslân | An Rúis | An Ruis | רוסיה | रुस | Rusija | Oroszország | Ռուսաստան | Rusia | Rusia | Rússland | Russia | ᐅᓛᓴ | ロシア | რუსეთი | Ресей | 러시아 | रूस | Rûsya | Russia | Russland | Rösland | Rusija | Krievija | Русија | Русия | Russia | Russia | Russland | Rusland | Russland | Russland | Уæрæсе | Rosja | Rússia | Rusia | Rusii | Россия | Russia | Ruošša | Rusija | Russia | Rusko | Rusija | Rusia | Русија | Rusia | Ryssland | ரஷ்யா | రష్యా | สหพันธรัฐรัสเซีย | Russia | Rusya | Räsäy Föderasísı | Росія | روس | Rosiya | Nga | Rûsseye | רוסלאַנד | 俄罗斯 | Lō·-se-a
This article is licensed under the GNU Free Documentation License.
It uses material from the
"Rusia - Россия".
Home Page • arts • business • computers • games • health • hospitals • home • kids & teens • news • physicians • recreation• reference • regional • science • shopping • society • sports • world