A dinámica de xogo adoita estar influída pola raza de personaxe que se elixa, xa que neste tipo de xogos, nos que impera a fantasía, non se ten demasiado en conta a realidade histórica.
O personaxe irá aumentando de nivel, mellorando así as súas capacidades e habilidades. Será o xogador o que elixa cales serán as aptitudes do seu personaxe. O progama terá máis ou menos predefinidos estes camiños que pode tomar o xogador, por exemplo, o personaxe pderá chegar a ser un archimago ou un paladin. Estas características normalmente aparecen representadas nunha táboa de estadísticas, que o xogador pode modificar ó subir de nivel có seu personaxe.
Estas características sérvenlle ó xogador e ó seu personaxe para progresar na aventura, xa que con elas o personaxe poderá ter máis forza, intelixencia, etc; poderá facer certos conxuros, e levar armaduras ou armas máis contundentes, que lle permitirá derrotar inimigos máis poderosos.
Para subir de nivel, o xogador deberá derrotar inimigos, facer as misión que permiten progresar na aventura e, nalgúns casos facéndolle favores a xente que se atopa no camiño.
Soziale Rolle | Role | Rol | Sotsiaalne roll | Rooli | Functie (positie) | Rola społeczna