}}
O concepto Renacemento aplícase á época artística que dá comezo á Idade Moderna en Europa. O termo procede da obra de Giorgio Vasari Vidas de pintores, escultores e arquitectos famosos, publicada en 1570, pero ata o século XIX este concepto non recibe unha ampla interpretación histórico-artística.
Non obstante, Vasari formulara una idea determinante, o novo nacemento da arte antiga, que presupuña unha marcada conciencia histórica individual, fenómeno completamente novo na actitude espiritual do artista.
De feito o Renacemento rompe, conscientemente, coa tradición artística da Idade Media, á que califica, con desprecio, como un estilo de bárbaros ou de godos. E coa mesma consciencia oponse á arte contemporánea do Norte de Europa.
Dende unha perspectiva da evolución artística xeral de Europa, o Renacemento significa unha separación da unidade estilística que ata ese momento fora supranacional.
Durante a época do Renacemento, han producirse varios cambios en Europa. Entre os máis importantes cabe destacar:
A primeira ten como espazo cronolóxico todo o século XV, é o denominado Quattrocento, e comprende o Renacemento que se desenvolve en Italia.
Mentres que en Italia estaba a se desenvolver o Renacemento, no resto de Europa mantense o gótico nas súas formas tardías, situación que se ha manter, exceptuando casos concretos, ata comezos do século XVI.
En Italia o enfrontamento e a convivencia coa antigüidade clásica, considerada como un legado nacional, proporcionou unha ampla base para unha evolución estilística homoxénea e de validez xeral. Por iso, alí, é posible o seu xurdimento e precede a tódalas demais nacións.
Fóra de Italia a Antigüidade Clásica suporá un caudal académico asimilable, e o desenvolvimento do Renacemento dependerá constantemente dos pulos marcados por Italia. Artistas importados desde Italia ou formados alí, fan o papel de verdadeiros transmisores.
De forma xenérica pódense estabelecer as características do Renacemento en:
Os supostos históricos que permitiron desenvolver o novo estilo remóntanse ó século XIV cando, co Humanismo, progresa un ideal individualista da cultura e un profundo interese pola literatura clásica, que acabaría dirixindo, forzosamente, a atención sobre os restos monumentais clásicos.
Italia nese momento está integrada por unha serie de estados entre os que destacan Venecia, Florencia, Milán, o Estado Pontificio e Nápoles.
A presión que se exerce desde o exterior impediu que, como noutras nacións, se desenvolvese a unión dos reinos ou estados; porén, produciuse o fortalecemento da conciencia cultural dos italianos.
Dende estes supostos foron as cidades as que se converteron en centros de renovación artística.
En Florencia o desenvolvimento dunha rica burguesía axudará ó desplegue das forzas do Renacemento, a cidade convértese no punto de partida do novo estilo, e xorden, baixo a protección dos Médici, as primeiras obras que desde aquí han extenderse ó resto de Italia.
Renaissance | عصر النهضة | Ренесанс | Renaixement | Renesance (umělecký sloh) | Dadeni Dysg | Renæssance | Renaissance | Αναγεννησιακή τέχνη | Renaissance | Renesanco | Renacimiento | Renessanss | Pizkundea | رنسانس | Renessanssi | Renaissance artistique | רנסאנס | Renesansa | Reneszánsz | Renaisans | Rinascimento | ルネサンス | 르네상스 | Renaissance | Renesansas | Ренесанса | Zaman Pembaharuan Eropah | Renaissance | Renaissance (14e-16e eeuw) | Renessansen | Renessansen | Odrodzenie | Renascimento (movimento cultural) | Renaşterea | Эпоха Возрождения | Renesansa | Renaissance | Renesancia | Renesansa | Rilindja | Ренесанса | Renässans | மறுமலர்ச்சி | ยุคฟื้นฟูศิลปวิทยา | Rönesans | Ренесанс | Phục Hưng | 文艺复兴
This article is licensed under the GNU Free Documentation License.
It uses material from the
"Renacemento".
Home Page • arts • business • computers • games • health • hospitals • home • kids & teens • news • physicians • recreation• reference • regional • science • shopping • society • sports • world