article

O río Po (antigamente coñecido como río Padus) flúe ao longo de 652 kilómetros de oeste a leste, a través do norte de Italia. Na súa extensión desde os Alpes ao Mar Adriático, cerca de Venecia, a súa conca hidrográfica ocupa unha área de 71.000 kilómetros cadrados.

É o río máis longo de Italia e atravesa varias cidades importantes, incluíndo Turín e indirectamente Milán. Nesta última cidade ingresa nunha serie de canais denominados navigli, feito que lle dá un aspecto moi característico á zona.

En chegando ao final do seu curso, o río forma un delta con centos de illas, sendo as máis importantes Po di Maestra, Po della Pila, Po delle Tolle, Po di Gnocca e Po di Goro. Na parte sur do delta está situada Comacchio, unha zona coñecida pola existencia de anguías.

O ancho val que existe ao redor do Po denomínase Pianura Padana, estando tan ben conectado polo río que sobre o mesmo se desenvolveu a principal área industrial do país.

Principais afluentes do Po:

Ríos

По (рака ў Італіі) | По | Pád | Po | Po (Fluss) | Po River | Pado | Po | | פו (נהר) | | Po | ポー川 | 포 강 | Po (rivier) | Po | Pad | Rio Pó | По (река) | Pád (rieka) | Pad | Po | Po Nehri | Po

 

This article is licensed under the GNU Free Documentation License. It uses material from the "Río Po".

Home Pageartsbusinesscomputersgameshealthhospitalshomekids & teensnewsphysiciansrecreationreferenceregionalscienceshoppingsocietysportsworld