article

Cos seus 307 km, o Miño é o río máis longo de Galiza. Nace no Pedregal de Irimia (Serra de Meira) (Meira - Lugo), forman tamén a súa cabeceira os Regos, Porto da Pena e Xirómeno. Máis adiante acrecenta o seu caudal coas augas da Lagoa de Fonmiñá (A Pastoriza - Lugo, a uns 50 km ao norte da capital de provincia), . Atravesa Lugo e Ourense, e desemboca por A Guarda (Pontevedra), facendo fronteira con Portugal (onde se di que desemboca preto de Caminha). Pasa polas vilas de Rábade (Lugo), Tui, Melgaço, Monçao e Valença do Minho.

É tamén o río máis caudaloso de Galiza, tendo como afluente o Sil, que aporta un caudal semellante na fronteira entre as provincias de Lugo e Ourense (Os Peares, 30 km ao norte de Ourense). Está inzado de encoros: 3 entre Lugo e Ourense Belesar, 654 hm³ Os Peares, 182 hm³ Velle, 17 hm³ e dous entre Ourense e Portugal de Miño], 60 hm³ Frieira, 44 hm³,

Despois de recibir o Sil, flúe cara ao surleste e constitúe a partir de Melgaço e ata a desembocadura a fronteira entre Galiza e Portugal. En Ribadavia ás súas beiras prodúcese o célebre viño da ribeira do Avia. Fai de fronteira uns 80 km, no centro dun val de forte produción agrícola, con millo ou patacas, por exemplo, así como forraxe para o gando. Na zona final tamén se ve bordeado por viñas de Alvariño.

É prácticamente non navegábel, exceptuada a súa desembocadura.

Afluentes


Marxe dereita → na provincia de Pontevedra: Río Tamuxe (tamén chamado río Carballas, Carballo ou Carvallo), Río Pego, Río Cereixo da Briña, Río Furnia (tamén chamado Forcadela), Río Louro, Río Tea, Río Caselas, Río Deva (hai outro río Deva pola marxe esquerda), Río Ribadil, Río Cea. Na provincia de Ourense: Río Avia, Río Barbantiño. Río Bubal no limite de Ourense con Lugo. Na provincia de Lugo: Río Asma, Río Narón, Río Ferreira, Río Mera, Río Narla, Río Ladra, Río Támoga, Río Anllo.

Marxe esquerdaRio Mouro, Río Gadanha e Río Coura na marxe portuguesa, Río Deva (hai outro río Deva pola marxe dereita), Río Arnoia, Río Barbaña (no concello de Ourense), Río Lonia (no concello de Ourense), Río Sil, Río Sardiñeira, Río Loio, Río Neira, Río Chamoso, Río Robra (tamén chamado río Santa Marta), Río Lea, Río Azúmara.

Véxase tamén


Ligazóns externas


Ríos galegos

Miño | Minho River | Minjo | Río Miño | Minho | Miño | Minho | Miño (rivier) | Miño | Rio Minho

 

This article is licensed under the GNU Free Documentation License. It uses material from the "Río Miño".

Home Pageartsbusinesscomputersgameshealthhospitalshomekids & teensnewsphysiciansrecreationreferenceregionalscienceshoppingsocietysportsworld