Portugal é un país situado no sudoeste da Europa, na zona Ocidental da Península Ibérica, delimitado ao norte e ao leste por España, ao sur e oeste polo Océano Atlántico. O territorio Portugués comprende ademais os arquipélagos autónomos das Azores e Madeira, situados no Oceano Atlántico, completando unha área total de 92,391 km².
O río Miño (Minho en portugués) fai fronteira, durante a ultima parte do seu curso, entre Galiza e mais Portugal.
Vexa Distritos e rexións autónomas de Portugal
A poboación portuguesa é unha mestura de varios elementos étnicos, dende Ibéricos a Romanos, Visigodos e, máis tarde, Mouros. Así mesmo, ten pequenos aportes doutras poboacións, tais como das antigas colonias.
Os Portugueses son de poboación Europea mediterránea. Na súa orixe está esencialmente unha mistura de tribos Celtas e Iberas (chamados Celtiberos, como os Lusitanos, os Calaicos ou Gallaeci e os Conios, entre outras menos significativas, tais como os Bracari, Celtici, Coelerni, Eqvaesi, Grovii, Interamici, Levni, Luanqvi, Limici, Narbasi, Nemetati, Paesvri, Qvaqverni, Sevrbi, Tamagani, Tapoli, Zoelae, Turduli). Outras influencias importantes foran tamén os Romanos ( o portugués deriva do Latín), os Visigodos e os Suevos, todos os cais poboaran o que é hoxe territorio portugués. Influencias menores foran os Gregos e os Fenicios-Cartaxineses (con pequenas feitorías comerciais costeiras semi-permanentes), os Vándalos (Silingos e Asdingos) e os Alanos (ambos expulsados ou parcialmente integrados polos Visigodos).
As choivas son constantes durante todo o ano coa excepción do período comprendido entre Xullo e Agosto, durante o que son virtualmente nulas.
Na prosa, Gil Vicente, Padre António Vieira, Almeida Garrett, Eça de Queirós, Camilo Castelo Branco, Fernando Namora, José Cardoso Pires, António Lobo Antunes,e Damião de Góis, o Humanista portugués que a Inquisición condenou.
Ven emerxendo unha nova xeración moi sólida na poesia. Especial releve merecen tamén Cesário Verde, Florbela Espanca, Miguel Torga, António Ramos Rosa, Herberto Helder, Manuel Alegre, e o premio Nobel José Saramago .
Portugal é un país fortemente vinícola, sendo célebres os viños do Douro, Alentexo e Dán, os viños verdes do Miño, e os licorosos do Porto e Madeira.
Na rexión de Lisboa compre destacar a "costa do estoril" e a "costa da caparica" como locais de veraneo para os habitantes da cidade de Lisboa. Entre cascais e sintra atópase o punto máis ocidental do continente europeo (só incluindo a parte continental, excluindo os Azores), o Cabo da Roca.
En Portugal existen catro Órganos de Soberania, o Presidente da República, a Asemblea da República (parlamento), o Goberno e os Tribunais.
O Presidente da República é o Xefe de Estado e é eleito por sufraxio universal para un mandato de cinco anos, e exerce unha función de fiscalización sobre a actividade do Goberno.
A Asemblea da República funciona en Lisboa, no Palacio de San Bento e é eleita para un mandato de catro anos e neste momento conta con 230 deputados, eleitos en 22 círculos plurinominais en listas de partidos.
O Goberno presídeo o Primeiro Ministro, que é por regra o líder do partido máis votado en cada eleición lexislativa e é convidado nesa forma polo Presidente da República para formar Goberno. O Primeiro-Ministro é quen nomea os Ministros.
Os Tribunais administran a xustiza en nome do pobo, defendendo os dereitos e intereses dos cidadáns, impedindo a violación da legalidade democrática e dirimindo os conflitos de intereses que ocorran entre diversas entidades.
O panorama político portugués está dominado por dous partidos, o Partido Socialista (PS) e o Partido Social Democrata (PSD), estes dous teñen dividido as tarefas de gobernar e de administrar a maioria das autarquias praticamente desde a instauración da democracia. Sen embargo, partidos como o Partido Comunista Portugués (PCP), que detén aínda a presidencia de autarquias e unha influencia maior xunto do movimento sindical ou o Centro Democrático Social (CDS) que xa gobernou en coalición. Son tamén partidos importantes no xadrez político, o Bloco de Esquerda (BE) e mailo Partido Ecoloxista "Os Verdes" (PEV).
Sendo aderido á Unión Europea en 1986, o país iniciou entón un período de fortes reformas e de elevados investimentos en infra-estruturas que se reflectarán nunha rápida aceleración do crecemento económico. Entre 1970 e 2003 o PIB 'per capita' medido en PPP (Paridade do Poder de Compra) creceu de pouco máis do 50% para preto do 70% do mesmo indicador para a media da Unión Europea (fonte: OCDE).
Portugal foi dos primeiros países seleccionados para a fase final da Unión Económica e Monetaria, iniciando a introdución do Euro como moeda a partir de 1 de xaneiro de 1999 (a circulación de billetes e moedas iniciou-se o 1 de xaneiro de 2002). A participación no Euro obriga o país ao cumprimento das regras do Pacto de Estabilidade e Crecemento, obrigando ao control das contas públicas e da inflacción, mais asegurando ao país niveis mínimos históricos da inflacción.
Actualmente a estrutura da economia basease nos servizos e na industria, que representan o 67,8% e o 28,2% do VAB (Fonte: INE, 2004).
Portugal | Portugal | Portugal | برتغال | Portugal | Португалия | Portugal | Portugal | Portugalsko | Portiwgal | Portugal | Portugal | Πορτογαλία | Portugal | Portugalio | Portugal | Portugal | Portugali | Portugal | Portegal | פורטוגל | पुर्तगाल | Portugal | Pòtigal | Portugália | Portugal | Portugal | Portugal | Portúgal | Portogallo | ポルトガル | პორტუგალია | 포르투갈 | पुर्तगाल | Portyngal | Portugallia | Portugal | Portugal | Portugalija | Portugal | Portugall | Portugal | Portugal | Portugal | Portugal | Португали | Portugalia | Portugal | Portugal | Portugalia | Португалия | पुर्तगाल | Portugallu | Portugal | Portugalsko | Portugalska | Portugalia | Португалија | Portugal | สาธารณรัฐโปรตุเกส | Portugal | Portekiz | Португалія | Portogało | Bồ Đào Nha | פּאָרטוגאַל | 葡萄牙 | Portugal
This article is licensed under the GNU Free Documentation License.
It uses material from the
"Portugal".
Home Page • arts • business • computers • games • health • hospitals • home • kids & teens • news • physicians • recreation• reference • regional • science • shopping • society • sports • world