Música pop (apócope de popular) é aquela que, á marxe da instrumentación e tecnoloxía aplicada para a súa creación, conserva a estrutura formal "verso - estribillo - verso", executada dun modo sinxelo, melódico, apegadizo, e normalmente asimilable para o gran público. As súas grandes diferenzas con outros estilos están nas voces melódicas e claras en primeiro plano e percusións lineais e repetidas.
Historicamente, a expresión "música pop" non era entendida como un xénero musical con características musicais concretas. Era, directamente, o contrario á música de culto, á música clásica. Baixo esta definición entraban estilos como o rock, o funky, o folk ou ata o jazz. O pop era entendido como ese gran grupo de músicas para a xente de escasa cultura musical. Co tempo, o pop foi gañándose o seu acepción como estilo musical independente, liberándose, ademais, do sentido pexorativo e negativo ao que se vencellaba.
O pop, nome que procede de música popular, é o xénero musical máis estendido entre a cultura xuvenil de principios do século XXI. Dende a aparición dos Beatles este xénero desenvolveuse nos máis diversos camiños.
Malia ser un estilo absolutamente híbrido (pop-rock, noise-pop, britpop, electropop...), as clasificacións máis coñecidas e aceptadas son: Pop indie Vs. Pop comercial, e Pop electrónico Vs. Pop Tradicional. A magnífica proliferación do pop fai imposible que estas clasificacións representen divisións puras.
Na sociedade de consumo o primeiro obxectivo dun produto é que cree os máximos beneficios posibles e o pop cumpre con esta norma. É un dos xéneros con maior potencial de consumidores e isto aproveitárono as cadeas de televisión para crear artistas do xénero en programas como Operación Triunfo, e que teñen grandes audiencias.
Sen dúbida, unha das características que definen o carácter deste xénero é o furor que as estrelas do pop producen nos denominados fans, que en galego teñen unha connotación moito máis seria: "fanáticos". O marketing, os programas específicos de música pop, a promoción radiofónica e vídeos-DVD son algunhas das manifestacións deste mundo.
En 1998 o definido "Teen pop" fai o seu reaparición. Cantantes ata ese momento descoñecidos como Britney Spears, ocuparon os primeiros lugares nas listas de discos máis vendidos. A raíz do éxito desta artista, triunfaron entre outros Mandy Moore, Jessica Simpson ou Christina Aguilera. Tamén apareceron "boy bands" como Backstreets Boys ou N' sync. Estes cantantes adoitan estar presentes nos medios de comunicación, moitas veces á marxe da súa carreira musical.
O rock sempre mantén a estrutura tradicional "guitarra - baixo - batería", con riffs saturados e sós de guitarras penetrantes, cun gran núcleo rítmico de baixo e batería, e con voces máis desgarradas. A temática das letras soe ser máis ampla e arriscada. O pop, ao contrario, non ten estrutura instrumental definida, predomina a melodía de voz sobre o resto de instrumentos, e mantén un clímax musical máis asimilable e limpo.
Cerddoriaeth boblogaidd | Popmusik | Popmusik | Pop music | Pop-muziko | Pop | Popmusiikki | Pop (musique) | Popmuzyk | מוזיקת פופ | Popzene | Musica pop | Popmuziek | Popmuziek | Popmusikk | Muzyka pop | Поп-музыка | Pop music | Popmusik | Pop müzik