O pole (do grego "pales" = "fariña" ou "po") é o conxunto dos minúsculos grans producidos polas flores das plantas anxiospérmicas (ou polas piñas masculinas das ximnospérmicas), que son os elementos reprodutores masculinos ou microgametófitos, onde se encontran os gametos que van fecundar os óvulos, para os transformar en froitos.
Os grans de pole son normalmente arredondados, aínda que os dos piñeiros sexan alados, e poden ser moi pequenos, só algúns micra. O máis pequeno gran de pole coñecido é o do Myosotis, con cerca de 6 μm (0.006 mm) de diámetro. A forma e ornamentación dos grans de pole é típica de cada familia ou mesmo especie de plantas.
O pole contén unha gran proporción de proteínas (16 a 40 %) contendo todos os aminoácidos coñecidos, así como numerosas vitaminas, principalmente as vitaminas C e PP, sendo a principal fonte de alimentación das abellas. Outro importante produto fabricado con pole é a xelea real. Esta composición do pole pode ser responsábel das alerxias que lle son atribuídas.
O estudo do pole é a palinoloxía
Cada gran de pole é un gametófito que contén dous núcleos haploides, un maior que corresponde a unha célula vexetativa e outro máis pequeno que é o verdadeiro anterozoide, que vai fecundar o óvulo.
Esta célula "dupla" encóntrase encerrada nunha cápsula de celulose, a intina, recuberta por un envólucro moi resistente de esporopolenina, un biopolímero ligado a ceras e proteínas. Esta capa externa denomínase exina e está composta de tres partes:
Durante o proceso evolutivo, as plantas desenvolveron varias estratexias reprodutivas, para asegurar a súa multiplicación e colonización dos hábitats. As espermatófitas, ou sexa, as plantas que producen flores, presentan varias modalidades de polinización como estratexias reprodutivas:
A maior parte das especies, no entanto, desenvolveu estratexias para aumentar as posibilidades de recombinación - a transferencia dos grans de pole por elementos exteriores á flor:
As abellas melíferas desenvolveron no terceiro par de patas unha especie de 'cestas, tamén denominadas corbículas, ás que por medio de peites trasladan os grans de pole que se lle pegan ao seu corpo, os cuales son transportados ao trobo, onde se realiza todo o proceso de fermentación. Entre as abejas só as corbiculadas acumulan pole e aliméntanse del, tanto en estado adulto como larvario.
Pol·len | Pyl | Pollen | Pollen | Pollen | Poleno | Polen | Siitepöly | Pollen | Polline | Serbuk sari | Polline | 花粉 | Pollen | Žiedadulkė | Stuifmeel | Pollen | Pyłek | Pólen | Pollen | Polen | 花粉