article

A pesca deportiva en Galiza

É un deporte moi difundido, sobre todo nas comarcas costeiras de toda Galiza, aínda que nalgunhas zonas do interior que se atopan preto de ríos grandes ou troiteiros tamén teñen numerosos afeizoados.

A pesca no mar:

En Galiza esta pesca está bastante extendida nas rías, nas altas e nas baixas. Predomina a pesca dende pequenas embarcacións que cacean polas praias e rías en busca de róbalo, que produce as delicias e desexos de todo practicante deste deporte.

Hai tamén moita xente que pesca dende o peirao, o acantilado ou ó pé de praia, sendo estes últimos os que obteñen máis capturas. Existen diversas modalidades:

A pesca “a fondo”:

Esta especialidade consiste no transporte do cebo ata a zona adecuada cun chumbo ou chombada que pode variar en forma, tamaño e peso. Para pescar desta maneira necesítase unha cana cunha acción determinada que vai dende os 20g ata os 300g.

A pesca con boia:

É un tipo de pesca moi común nas costas rochosas, onde un chumbo quedaría enganchado nas pedras do fondo. Aínda que algo difícil para os que a practican por primeira vez debido ó manexo da boia, da moi bós resultados en canto a calidade de peixe e cantidade. Quizáis a captura máis numerosa e importante sexa a do Sargo, pola súa abundancia sobre todo no outono e inverno, sendo comúns as “pescatas” de 10, 15 exemplares que poden superar fácilmente o quilogramo de peso.

A pesca caceando desde embarcación:

Consiste en que co barco en movemento, moi despacio e co motor con pouco ruído, lancemos o cebo artificial, e fixemos o freo do carrete, así o vinilo ou o rappala moveránse a unha velocidade á que os depredadores (comunmente lubinas e caballas) poidan atrapalo con facilidade. Desta maneira sinxela podemos practicar outras modalidades mentres temos unha cana caceando.

Caceando desde terra:

Consiste no mesmo que a anterior, só que sen barco, polo que serémos nós os que teremos que recoller o sedal rápidamente. Deste xeito é máis incómodo pero pódese alternar tendo unha cana a fondo, ben suxeita á espera dunha picada mentres caceamos. Os cebos artificiais poden ser de moitísimos tipos. Os máis utilizados son os vinilos, con forma de anguilón e os rappalas con forma de pequeno peixe.

A pesca nos ríos e lagoas

É un tipo de pesca deportiva menos extendida pero que conta con bastantes practicantes deste deporte, sobre todo nos ríos Miño, Eo, Masma, e outros moitos da vertente Cantábrica e Atlántica. Existen tamén moitas modalidades, das que veremos as máis importantes.

A pesca con mosca:

Como o seu nome indica o cebo é unha mosca artificial realizada artesanalmente con plumas e que leva un anzol. Consiste en lanzar a mosca sen ningún tipo de chumbo cuns rápidos movementos cara atrás e adiante, e ten que caer suavemente na superficie da auga, coma se fose un auténtico insecto que acaba de caer aínda vivo sen saber o que lle agarda debaixo da auga, listo para saltar no aire e atrapalo entre os seus dentes. As capturas son normalmente troitas, comúns ou arcoiris.

Pescando con cilleriña:

É por excelencia o mellor método para pescar troitas. A técnica é moi longa de aprender e moi complicada, pero con práctica todo se consegue. Consiste en lanzar unha especie de culler de metal dun color brillante cun trianzó, e que ó recoller a moita velocidade só se pode ver unha cousa moi chamativa (que resulta atractiva para as troitas).

Pescando con cebo natural:

Os cebos deben ir cun pequeno chumbo que depende do cauce e corrente do río. Poden ser por exemplo miñocas, saltóns, insectos acuáticos... Todo o que se atope preto do leito río e que teña vida. Hai que facer unha mención a parte para a anguía, que pode comer de todo, pero o mellor cebo é a sardiña, aínda que pareza extraño utilizar un cebo de mar no río. O seu olor atraerá as anguías dende moi lonxe, xa que se guían polo olfato e o tacto, non pola vista.

Pesca

Sport fishing | Pesca deportiva | Pesca sportiva | Wędkarstwo sportowe | Sportfiske

 

This article is licensed under the GNU Free Documentation License. It uses material from the "Pesca deportiva".

Home Pageartsbusinesscomputersgameshealthhospitalshomekids & teensnewsphysiciansrecreationreferenceregionalscienceshoppingsocietysportsworld