Pergamiño (do grego pergaméne e do latín pergamina ou pergamena) é o nome dado a unha pel de animal, xeralmente de cabra, carneiro, cordeiro ou ovella, preparada para escribir nela. Designa tamén o documento escrito nesa pel. Foi largamente utilizado na antigüidade ocidental, en especial na Idade Media, até a difusión do papel, invención chinesa.
A orixe deste nome ven da cidade de Pérgamo, onde existía unha grande produtividade de elevada calidade do pergamiño, mais realmente a existencia e deste material remóntase a dous milenios antes de Cristo (cando Pérgamo aínda non existía).
Existe un pergamiño fabricado na actualidade chamado ‘papel de pergamiño’, que se usa entre outras cosas para facer pantallas de lámpadas e manualidades. Fabrícase co papel ordinario, somerxido nunha solución de dúas partes de ácido sulfúrico concentrado por unha parte de agua. Despois duns segundos nesta solución, neutralízase o ácido.
O uso do pergamiño estendeuse desde fins do século I para a copia de libros cando estes pasaron a publicarse en forma de códices. O pergamiño existente máis antigo é de finais do século I e contén un fragmento de De bellis macedonicis. Os mosteiros cristiáns mantiñan bibliotecas de pergamiños no período, onde monxes letrados se dedicaban á copia de manuscritos, debéndose a esa actividade a sobrevivencia e divulgación de textos clásicos da cultura grega e latina en Ocidente.
Пергамент | Pergamen | Pergament | Pergament | Parchment | Pergameno | Pergamino | Pergamentti | Parchemin | קלף | Pergamen | Pergamena | 羊皮紙 | Perkament | Pergament | Pergamin | Pergaminho | Пергамент | 羊皮紙
This article is licensed under the GNU Free Documentation License.
It uses material from the
"Pergamiño".
Home Page • arts • business • computers • games • health • hospitals • home • kids & teens • news • physicians • recreation• reference • regional • science • shopping • society • sports • world