O paradigma é o conxunto de formas que serven como modelo nos diversos campos de flexión. O termo aplícase con moi variada extensión. Así, o paradigma dunha declinación consiste na enumeración ordenada convencionalmente de todas e cada unha das formas que un tema, adoptado como modelo, presenta nos diversos casos gramaticais. O paradigma da categoría de número e persoa consiste na enumeración convencionalmente ordenada das formas que presentan os tempos verbais.
Así a todo, frecuentemente, ó opor sintagma a paradigma, oponse eixo sintagmático (ou eixo da segmentación) a eixo paradigmático ou eixo da conmutación, e o paradigma pasa a ser o conxunto de palabras que poden ser conmutadas por aquela que foi escollida para ser empregada no sintagma. Poderemos logo falar do paradigma dos substantivos singulares, do paradigma dos adxectivos que espresan o sema de cor,...
بارادايم | Парадигма | Paradigma | Paradigma | Paradigme | Paradigma | Paradigm | Scienca paradigmo | Paradigma | Paradigma | Paradigme | פרדיגמה | Paradigmo | パラダイム | Парадигма | Paradigma | Paradigme | Paradygmat (nauka) | Paradigma | Парадигма | Paradigma | Paradigm | Paradigma | Парадигма | Mẫu hình
This article is licensed under the GNU Free Documentation License.
It uses material from the
"Paradigma".
Home Page • arts • business • computers • games • health • hospitals • home • kids & teens • news • physicians • recreation• reference • regional • science • shopping • society • sports • world