Os folículos ováricos producen óvulos (ovocitos) ou ovos, e segregan un grupo de hormonas: estróxenos e proxesterona. Estas hormonas inducen e manteñen os cambios físicos da puberdade e as características sexuais secundarias, apoian a maduración do endometrio uterino á agarda dunha posíbel implantación dun óvulo fecundado. Así mesmo, subministran os sinais axeitados ao hipotálamo e á pituitaria para manter o ciclo menstrual. Os estróxenos teñen un papel preponderante no mantemento da graxa subcutánea, a fortaleza dos ósos e algúns aspectos das funcións cerebrais. Durante a vida fértil feminina (a cal comeza na puberdade), cada ovario desenvolve un óvulo alternadamente en ciclos (ovulación) de aproximadamente 28 días, momento no cal libérao.
Os óvulos teñen que atravesar un pequeno espazo para entrar nas trompas de Falopio e se dirixir gradualmente para o útero onde, se é fecundado por un espermatozoide implantarase, converterase en cigoto e posteriormente en embrión.
Ocasionalmente, un ovo fertilizado pode ficar nunha das trompas de Falopio, o que da lugar a un embarazo ectópico, resultando moi perigoso, tanto para a muller como para o posíbel feto, xa que cada trompa é moi estreita.
Se un óvulo fica no folículo ovárico pode producir un quiste.
órganos | Glándulas | Sistema reprodutor feminino
Ofari | Eierstock | Ovary | Ovario | Ovario | Ovaire (anatomie) | Ovaia | 卵巣 | Kiaušidė | Eierstok | Jajniki | Ovário | Яичники | Jajčnik | Äggstock | 卵巢