En 1912 Annie Besant, Marie Russak e James Wedgwood fundaron a Orde do Templo da Rosacruz. Non obstante, debido aos numerosos problemas orixinados en Inglaterra durante a Primeira Guerra Mundial, a actividade tivo de ser suspendida. Besant regresou às suas tarefas como Presidenta Mundial da Sociedade Teosófica, Wedgwood seguiu a traballar como bispo da Igrexa Católica Liberal e Russak estableceu contacto en California con Harvey Spencer Lewis, a quen axudou na elaboración dos rituais da Orde Rosacruz AMORC.
A finais do século XX, en Hispanoamérica reavivouse o interese nas ordes iniciáticas, sobre todo aquelas relacionadas coas tradicións espirituais de Occidente. Neses datas, un membro da Sociedade Teosófica, coñecido nos círculos rosacruces como Frater Iniciador, comezou a traballar a prol da refundación da OTRC.
Actualmente estase a traballar en varios países para o renacemento da Orde do Templo da Rosacruz co novo nome de Orde Mística do Templo da Rosacruz (OMTRC). A creación oficial está planificada para o ano 2012, cando se cumpran 100 anos desde a fundación orixinal.
A Orde ten varios postulados ou bases nas que sustenta o seu traballo:
This article is licensed under the GNU Free Documentation License.
It uses material from the
"Orde Mística do Templo da Rosacruz".
Home Page • arts • business • computers • games • health • hospitals • home • kids & teens • news • physicians • recreation• reference • regional • science • shopping • society • sports • world