article

Os Orangután (tamén chamados orang-utan) son dúas especies de grandes monos con brazos longos e pelo de cor avermellada, ás veces marrón. Ambas as dúas especies son nativas de Malaisia e de Indonesia. O nome orangután vén do malaio orang hutan, significando "home do bosque". Son a única especie existente do xénero Pongo e subfamilia Ponginae, aínda que a subfamilia tamén inclúe o extinto Gigantopithecus e xénero Sivapithecus.

Os orangutáns son os máis arbóreos dos grandes monos, pasando case todo o seu tempo nas árbores, facendo nelas novos niños cada noite. Soamente se atopan nos bosques húmidos das illas de Borneo e Sumatra. Estas dúas pequenas e isoladas poboacións clasificáronse como subspecies ata recentemente, que se elevaron de nivel. Mais aínda, os primatoloxistas recoñecen agora tres subspecies do orangután de Borneo: P. p. pygmaeus no noroeste, P. p. morio no leste , e P. p. wurmbii no suroeste.

Os orangutáns están en gran perigo de extinción, debido á destrucción do seu hábitat.

Como os outros grandes simios, son notablemente intelixentes, usando ferramentas a cotío; publicáronse probas no xornal Science.

Non son feros máis que cos seus conxéneres; son animais solitarios e feramente territoriais.

Entre os principais centros de conservacion, destacan os de Borneo de Semenggok en Sarawak, e Sepilok preto de Sandakan en Sabah.

Primates

Arangutan | Orangután | Orangutan | Orang-Utan | Orangutan | Orangutango | Pongo | Orang-outan | אורנגאוטן | Orang utan | Orangutano | オランウータン | 오랑우탄 | Orangutanas | Orang utan | Orang-oetans | Orangutan | Orangotango | Орангутан | Orangutang | 人猿

 

This article is licensed under the GNU Free Documentation License. It uses material from the "Orangután".

Home Pageartsbusinesscomputersgameshealthhospitalshomekids & teensnewsphysiciansrecreationreferenceregionalscienceshoppingsocietysportsworld