article

A palabra onomatopea designa expresións ou palabras cuxa sonoridade imita a voz ou ruídos de obxectos ou animais. Polo tanto, na súa creación ten por base o son que produce o obxecto que designa.

Ao dicermos que un grilo fai "cricrí" ou que batemos á porta e facemos "toc toc", estamos a utilizar onomatopeas. Xa Aristófanes, na súa peza "As ras", fixo uso de determinadas palabras que, no grego orixinal, pretenden imitar o son deses animais - usa, polo tanto, unha figura retórica que é tamén de cariz onomatopeíco.

Exemplos


  • Son onomatopeas curuxa (latín NOCTUA), rula (latín TURTURA), miar, niañar, ular, chuchar, esgarrar, topar, seseo, pita, churra, chiar, piar, urrar, chupar, fungar, gheada, gargallada.
  • No texto Poema nuclear de Celso Emilio Ferreiro atopamos imitacións fónicas de sonidos reais (versos 2, 11, 34, 38): A bomba, ¡bong!, a bomba bon amigo (verso 2). ¡¡¡Booong!!! (verso 39)

Retórica e figuras da lingua

Onomatopeia | Onomatopoesie | Onomatopoeia | Onomatopeo | Onomatopeya | نام‌آوا | Onomatopoeettinen | Onomatopée | אונומטופיה | Onomatopea | Onomatopee | Lydord | Onomatopeja | Onomatopeia | Ономатопея | Onomatopoeia | Onomatopoesi

 

This article is licensed under the GNU Free Documentation License. It uses material from the "Onomatopea".

Home Pageartsbusinesscomputersgameshealthhospitalshomekids & teensnewsphysiciansrecreationreferenceregionalscienceshoppingsocietysportsworld