Natación é a actividade física do home e doutros animais que consiste en se desprazar na auga, por medio de movementos dos brazos e pernas.
A natación era orixinalmente un medio de supervivencia do home, que en tempos primitivos precisaba fuxir de animais maiores ou cazar por entre ríos e lagos. Actualmente a natación é sobre todo un método recreativo e un deporte, utilizándose eventualmente para salvar persoas do afogamento. Tamén existe o nado asociado a traballo, como no caso dos recolectores de perlas, algúns tipos de pescadores e aos científicos que investigan a fauna e flora marítimas.
Diversos animais posúen a capacidade de nadar por instinto; o home precisa desenvolvela. No entanto, unha vez aprendida, xamais se esquece. A práctica da natación considérase un dos mellores exercicios físicos existentes.
Cada un deses estilos ten especificacións en canto á posición do tórax do atleta e ao movemento de pernas e brazos. No estilo crawl, por exemplo, o atleta posiciónase co peito voltado para o fondo da piscina, en posición horizontal no nivel de auga; os brazos saen da auga en posición paralela ao corpo, xogándose para fronte por riba da auga, alternadamente (en canto un vai para diante, o outro brazo volta para tras por baixo da auga); as pernas móvense para diante e para tras tamén alternadamente. Xa no nado bolboreta, o atleta tamén fica co peito voltado para o fondo da piscina, mais xoga os dous brazos ao mesmo tempo para fronte e produce un movemento tamén sincronizado coas pernas, para riba e para baixo. No nado de costas o atleta fica co peito voltado para riba, e as costas voltadas para o fondo da piscina.
A piscina oficial de competicións mede 50 metros ao longo. Debe conter 8 raias, cada unha de 2,5 metros de largura, cun espazo suplementar mínimo de 20 centímetros ao lado das raias externas. A profundidade debe ser igual ou superior a 1,35 metros. A auga debe estar a unha temperatura entre 25 ºC e 28 ºC nas competicións.
En ámbito internacional a natación competitiva organízase pola FINA (Fédération Internationale de Natation).
سباحة | Плуване | Nofio | Svømning | Schwimmen | Swimming | Naĝado | Natación | Ujumine | Uinti | Natation | שחייה | Plivanje | Berenang | Sund (hreyfing) | Nuoto | 水泳 | 수영 | Natatio | Plaukimas | Zwemmen | Pływanie | Natação | Плавание | Plivanje | Swimming | Пливање | Simning | سۇ ئۈزۈش | 游泳
This article is licensed under the GNU Free Documentation License.
It uses material from the
"Natación".
Home Page • arts • business • computers • games • health • hospitals • home • kids & teens • news • physicians • recreation• reference • regional • science • shopping • society • sports • world