article

Unha nación pode ter varios significados dependendo do contexto ou da perspectiva política de quen empregue esta palabra. Coloquialmente o significado de nación é sinónimo de país e estado, pero un significado máis amplo é o de un conxunto de habitantes dun territorio que poseen unha cultura, unha lingua, unha historia, unha orixe étnica ou unha mentalidade propia en común, aínda que non son necesarios todos os termos para ser unha nación. O termo nación vén do latín natio, que se empregaba orixinalmente na Universidade de París para referirse a un grupo de estudantes dun determinado país, que falaban a mesma lingua e se rexían polas súas propias leis.

O modelo de estado-nación xordeu durante o Renacemento cando os reis absolutistas de Castela, Inglaterra e Francia homoxeneizaron os territorios dos seus reinos, marxinando ás minorías nacionais que había neles. Algunhas nacións coinciden atualmente no modelo estado-nación como pode ser Portugal, algúns estados están formados por varias nacións coma o Reino Unido ou Bélxica, e outras nacións non teñen un estado própio coma o Kurdistán ou o Sahara.

Lista das nacións do mundo, segundo os Estados.

Ver Tamén


Ligazóns Externas


EuroMinority - Organización para as Minorias Europeas XeografíaPolítica

Nación | Nació | Nation | Nation | Nation | Nacio | Nación | Tjóð | Nation | Nemzet | Þjóð | 国民 | Natie | Naród | Nação (história e geografia) | Нация | Nation | Madola | Нація | 民族

 

This article is licensed under the GNU Free Documentation License. It uses material from the "Nación".

Home Pageartsbusinesscomputersgameshealthhospitalshomekids & teensnewsphysiciansrecreationreferenceregionalscienceshoppingsocietysportsworld