Microondas (tamén designadas SHF- Super High Frequency) son ondas electromagnéticas con lonxitudes de onda maiores que os dos raios infravermellos, mais menores que a lonxitude de onda das ondas de radio variando, consoante os autores, de 30 cm (1 GHz de frecuencia) ata 1 cm (30 GHz de frecuencia).
Nota: enriba dos 300 GHz, a absorción da radiación electromagnética pola atmosfera da Terra é tan grande que a atmosfera é practicamente opaca para as frecuencias máis altas, ata que se torna novamente transparente na, así chamada, "fiestra" do infravermello ata a luz visíbel.
As microondas poden xerarse por varios dispositivos, xeralmente divididos en dúas categorías: dispositivos de estado sólido e dispositivos a válvulas. Os dispostivos de estado sólido son constituídos por semicondutores tales como silicio ou arseniato de galio, e inclúen transistor de efecto de campo (coñecido pola sigla en inglés FET: ‘‘Field Effect Transistor’‘), transistor de xunción bipolar (coñecido pola sigla en inglés BXT ‘‘Bipolar Junction Transistor’‘), diodo Gunn e diodo IMPATT, entre outros. Dispositivos a válvula funcionan con base no movemento balístico dos eléctrons no vacuo, baixo a influencia de campos de control eléctricos ou magnéticos, e inclúen o magnetrón, o klystron, o TWT e o xirotrón.
Микровълни | Microones | Centimetrové vlny a kratší | Mikrobølge | Mikrowellen | Microwave | Microondas (radiación) | ریزموج | Mikroaalto | Micro-onde | מיקרוגל | Mikrohullám | Microonde | マイクロ波 | Microgolf | Microgolf | Mikrobølgjer | Mikrobølge | Mikrofale | Microondas | Микроволновое излучение | Microwave | Mikrovågor | Vi ba | 微波
This article is licensed under the GNU Free Documentation License.
It uses material from the
"Microondas".
Home Page • arts • business • computers • games • health • hospitals • home • kids & teens • news • physicians • recreation• reference • regional • science • shopping • society • sports • world