article Related Topics:
Materials :: Materia_Medica :: Materials_Chemistry :: Materia_Magica :: Materials_and_Supplies :: Materials_Exchanges :: Materials_Handling :: Material_Handling :: Materials_for_Health_Professionals :: Material_and_Supplies
 

En física, materia (do latín matería, substancia física) é calquera cousa que posúe masa, ocupa espazo e está suxeita a inercia. A materia é aquilo que existe, aquilo que forma as cousas e que pode observarse como tal; está sempre constituída de partículas elementares con masa non-nula (como os átomos, e en escala menor, os prótons, neutróns e electróns).

De acordo coas descubertas da física do século XX, tamén se pode definir materia como enerxía vibrando en baixa frecuencia. A concepción de materia en oposición a enerxía, que perduraba na Física desde a Idade Media, perdeu un pouco do sentido coa descuberta (anunciada en teoría por Albert Einstein) de que a materia era unha forma de enerxía.

Poden existir tres estados de agregación da materia, que varían conforme a temperatura e a presión as cales se submete un corpo: o estado sólido, que é cando as partículas elementares se atopan fortemente ligadas, e o corpo posúe tanto forma canto volume definidos; o estado líquido, no cal as partículas elementares están unidas máis fracamente do que no estado sólido, e no cal o corpo posúe apenas volume definido; e o estado gaseoso, no cal as partículas elementares se atópan moi fracamente ligadas, non tendo o corpo nin forma nin volume definidos,i. e. o gas ocupa todo o recipiente.

Existen dous tipos de propiedades, as propiedades xerais que están presentes en todos os tipos de materia e as propiedades específicas que distinguen as substancías.

Propiedades xerais:
- Extensión, indica o espazo ocupado pola materia.
- Impenetrabilidade, concepto de que onde estiver un corpo non pode estar outro.
- Mobilidade, poder ocupar sucesivamente diferentes posicións no espazo.
- Compresibilidade, poder diminuír de volume baixo acción doutras forzas.
- Elasticidade, poder de voltar a tomar a forma orixinal no momento de disipasión de todas as forzas que lle aplicaronse.
- Inercia, un corpo non pode alterar por si o seu estado de repouso ou de movemento, o cal se avalía pola masa.
- Ponderabilidade, un corpo cando suxeito a un campo gravitico, avalíase polo peso.
- Divisibilidade, poder de se dividir en particulas menores que a orixinal.

Propiedades específicas:
- Peso especifico.
- Porosidade.
- Estrutura.



Na filosofía, a materia é obxecto de estudos da ontoloxía, a disciplina que se preocupa en responder basicamente á pregunta: "Que existe?" A materia é definida nalgúns sistemas filosóficos como manifestación da realidade, en oposición á idea.

Física

Matèria | Hmota | Mater | Stof (fysik) | Materie | Ύλη | Matter | Materio | Materia | Aine (füüsika) | Aine | Matière | Damhna | חומר | Materia | Materi | Materio | Materia (fisica) | 物質 | 물질 | Jirim | Materie | Materia (fizyka) | Matéria | Вещество | Matter | Hmota (fyzika) | Snov | Материја | Materia | Materya | Vật chất | 物质

 

This article is licensed under the GNU Free Documentation License. It uses material from the "Materia".

Home Pageartsbusinesscomputersgameshealthhospitalshomekids & teensnewsphysiciansrecreationreferenceregionalscienceshoppingsocietysportsworld