article

O Mar de Mármara (turco: Marmara denici, grego: Μαρμαρα̃ Θάλασσα or Προποντίδα) (tamén coñecido con Mar de Mármora) é un mar interior que separa o Mar Negro do Mar Exeo (así, a parte asiática da Turquía da súa parte europea) polo Bósforo e Dardanelos. Ten unha superficie de 11500 km² e unha profundidade máxima de 1261 metros.

Sitúase entre a parte europea de Turquía e maila asiática. Comunica a norte co Mar Negro polo Bósforo e ao sudoeste co Mar Exeo (Mediterráneo) polo estreito de Dardanelos.

Está situado sobre unha falla xeolóxica responsábel de diversos e dramáticos terremotos.

Hai dous grandes grupos de illas, coñecidos como illas Príncipe e Marmaros. O último grupo é rico en xacimentos de mármore e dá o seu nome (marmaros é a palabra grega para mármore) ao mar.

Propontis (Προποντίς, -ίδος) era o antigo nome grego do mar. O nome deriva de pro (antes) e pont- (mar): os gregos navegaban frecuentemente polo Propontis para alcanzar o Mar Negro.

Mares e océanos

بحر مرمرة | Мраморно море | Mramorno more | Mar de Màrmara | Marmarské moře | Marmarahavet | Marmarameer | Θάλασσα του Μαρμαρά | Sea of Marmara | Marmora Maro | Mar de Mármara | Marmara | Mer de Marmara | ים השיש | Mramorno more | Márvány-tenger | Laut Marmara | Marmarahaf | Mar di Marmara | マルマラ海 | მარმარილოს ზღვა | 마르마라 해 | Marmuro jūra | Zee van Marmara | Marmarahavet | Morze Marmara | Mar de Mármara | Marea Marmara | Мраморное море | Marmarské more | Marmarsko morje | Мраморно море | Marmarasjön | Marmara Denizi | Мармурове море | Biển Marmara | 马尔马拉海

 

This article is licensed under the GNU Free Documentation License. It uses material from the "Mar de Mármara".

Home Pageartsbusinesscomputersgameshealthhospitalshomekids & teensnewsphysiciansrecreationreferenceregionalscienceshoppingsocietysportsworld