Luxor, no Alto Nilo. refírese á cidade de Luxor na orilla leste do Nilo (150.000 habitantes, sitúada a 670 km ao sul do Cairo), á vila de Karnak, situada ao norte de Luxor e de Tebas, e tamén a Tebas mesma, que está na marxe oeste do Nilo, xusto enfrente de Luxor.
A Luxor chámaselle "o museo ao ar libre máis grande do mundo", grazas ás ruínas do complexo de templos de Karnak, o templo de Luxor e os monumentos, templos e tumbas da marxe oeste, que inclúen o Val dos Reis e o Val das Raíñas. Luxor constitúe un punto de partida excelente para visitar o Alto Exipto e é un destino turístico moi popular, tanto en si mesmo como como punto de partida ou final de cruceiros polo Nilo.
A Luxor moderna creceu a partir das ruínas de Tebas, antiga capital do Imperio Novo (1550-1069 a.C.). A súa riqueza, tanto arquitectónica como cultural, fan dela a cidade máis monumental das que albergan vestixios da antiga civilización exipcia. O Nilo separa Luxor en dúas partes: a marxe oriental, outrora consagrada aos vivos, onde encontramos os vestixios dos máis importantes templos consagrados aos deuses da mitoloxía exipcia, e a marxe ocidental, consagrada aos mortos, onde se localizam algunhas das máis importantes necrópoles do antigo Egipto, segundas en importancia relativamente ás existentes no planalto de Gizé, no Cairo, e onde foron feitos algúns dos achados arqueolóxicos máis significativos da antiga civilización, designadamente o túmulo de Tutancamon, descoberto en 1922 polo célebre arqueólogo e exiptólogo inglés Howard Carter.
O nome actual procede do árabe El-Uqsur, "os alcázares", que pola súa vez ven do latín castra, "campamentos" e débese aos dous campamentos militares construídos polos romanos. En lingua exipcia coñecíase como Waset, designación tamén do nomo, ou Niut ("a cidade"). Os gregos chamáronna tamén Dióspolis Magna.
Na época dos faraóns menfitas, Tebas era unha vila pequena xa relacionada cun misterioso deus Amón, mais especialmente co deus da guerra Montu, cuxos templos marcaban os limites do territorio da cidade. Tebas ascendeu politicamente a mediados do II Milenio, coa X dinastía grazas aos seus éxitos militares. Durante a XI dinastía, Mentuhotep I logrou reunificar o Alto e o Baixo Exipto, desde a desembocadura do Nilo até Elefantina, na Primeira Catarata. Durante a XII dinastía, Temas dominou todo o curso inferior do Nilo a partir da Segunda Catarata.
Cando os hicsos tomaron o poder en Exipto, realmente non lograron controlar o val do Nilo e Tebas mantivo a súa autonomía e influencia sobre os principados limítrofes. As catro dinastías de faraóns posteriores (da XVII á XX, o Imperio Novo), expulsaron definitivamente aos hicos de Exipto, iniciaron unha decidida política expansionista cara o norte e cara o sul e colocaron a Tebas no control do país. Durante estes seis séculos a cidade atinxíu un esplendor inigualábel. Ademáis dos botíns de guerra, comercíabase co Golfo Pérsico através da rota de Coptos, coa África intertropical ao sul e probabelmente co Sahara seguindo as rotas dos oasis do deserto.
Ramsés II e os seus sucesores tiveron que fortalecer as cidades do delta, máis expostas a invasións, o que propiciou co tempo a aparición de dinastías novas, que acabaron dominando o país, como as procedentes das cidades de Tais, Bubastis e Sais entre a XXI e a XXIV dinastías.
A XXV dinastía era de orixe etíope e, ainda que lle concederon a Tebas un papel relevante, xa Exipto perdera para sempre a súa autonomía. Os asirios invadíronno en 672 a.C., Tebas foi saqueada por Assarhaddon e máis tarde por Assurbanipal.
A comezos da época romana (século I a.C.) xa só ficaban as grandiosas ruínas, visitadas xa daquela (por Xermánico, entre outros). Cando o emperador romano Teodosio publicou o seu edito, clausurando definitivamente todos os templos pagáns, os de Tebas foron expoliados polos cristiáns, que aproveitaron para decorar as súas igrexas. Curiosamente, moitos relevos teñen chegado até hoxe grazas á camada de xeso cos que foron censuradas o que os cristián consideraban imaxes sacrílegas.
Na marxe occidental encóntranse:
O 17 de novembro de 1998, terroristas islámicos da Al-Gama'a al-Islamiyya masacraron 58 turistas estranxeiros e catro exipcios na marxe occidental no exterior do Templo de Hatshepsut (e foron eles mesmos mortos pola policia). A industria turística exipcia resentíuse deste ataque.
Luxor | Luxor | Luxor | Luxor | Luksoro | Luxor | Luxor | Louxor | Luxor | Luxor | ლუქსორი | Luksoras | Luxor | Luxor | Luksor | Luxor | Луксор | Luksor | Luxor (Egypten) | 樂蜀