Célebre compositor alemán, naceu en Bonn en 1770 e finou en Viena en 1827. Foi autor de multitude de obras entre as que destacan as nove sinfonías. A máis coñecida destas é a novena, tamén chamada Coral e que finaliza co coro do Himno á alegría, inspirado no escritor alemán Schiller.
De neno medrou á sombra de Mozart, e o seu pai, músico tamén, foi quen puxo o empeño en que fose mellor ca Mozart.
A súa obra entronca o clasicismo de Bach co romanticismo decimonónico.
As outras obras súas máis famosas son: Para Elisa, exquisita composición breve para piano orixinalmente titulada Para Teresa mais trocada nun erro de transcrición debido á súa mala caligrafía; A Terceira Sinfonía, adicada inicialmente a Napoleón Bonaparte, ata que rachou a súa adicatoria cando este se coroou Emperador, e A Quinta Sinfonía, cos tres acordes máis famosos da historia.
A obra de Beethoven é moito máis curta que a de Mozart, por exemplo. Nembargantes, isto non impide que sexa considerado un xigante da composición.
Na análise dun cabelo seu, atopouse unha grande cantidade de chumbo, posiblemente debido a inxerir líquidos almacenados en garrafas feitas con este material, o que puido ser causante non só do seu lexendario mal carácter, senón tamén provocar a crecente perda auditiva que rematou por deixalo completamente xordo. Dise que na representación da novena un dos seus poucos amigos tivo que facer que xirase para ver como o público o aplaudía, xa que el estaba convencido de que fracasara ó non poder escoitar a ovación do público.
Personalidades da música | Música
Ludwig van Beethoven | لودفيج فان بيتهوفن | Ludwig van Beethoven | Лудвиг ван Бетховен | লুডউইগ ভ্যান বেইটোভেন | Ludwig van Beethoven | Ludwig van Beethoven | Beethoven | Ludwig van Beethoven | Ludwig van Beethoven | Ludwig van Beethoven | Ludwig van Beethoven | Λούντβιχ βαν Μπετόβεν | Ludwig van Beethoven | Ludwig van Beethoven | Ludwig van Beethoven | Ludwig van Beethoven | Ludwig van Beethoven | بتهوون | Ludwig van Beethoven | Ludwig van Beethoven | Ludwig van Beethoven | Ludwig van Beethoven | לודוויג ואן בטהובן | Ludwig van Beethoven | Ludwig van Beethoven | Ludwig van Beethoven | Ludwig van Beethoven | Ludwig van Beethoven | Ludwig van Beethoven | Ludwig van Beethoven | ルートヴィヒ・ヴァン・ベートーヴェン | Ludwig van Beethoven | ბეთჰოვენი, ლუდვიგ ვან | 루트비히 판 베토벤 | Ludovicus van Beethoven | Ludwig van Beethoven | Liudvikas van Bethovenas | Ludvigs van Bēthovens | Лудвиг ван Бетовен | Ludwig van Beethoven | Ludwig van Beethoven | Ludwig van Beethoven | Ludwig van Beethoven | Ludwig van Beethoven | Ludwig van Beethoven | Ludwig van Beethoven | Ludwig van Beethoven | Ludwig van Beethoven | Бетховен, Людвиг ван | Ludwig van Beethoven | Ludwig van Beethoven | Ludvig Van Betoven | Ludwig van Beethoven | Ludwig van Beethoven | Ludwig van Beethoven | Ludwig van Beethoven | Лудвиг ван Бетовен | Ludwig van Beethoven | ลุดวิก ฟาน เบโทเฟน | Ludwig van Beethoven | Ludwig van Beethoven | Бетховен Людвіґ ван | Ludwig van Beethoven | Ludwig van Beethoven | 贝多芬
This article is licensed under the GNU Free Documentation License.
It uses material from the
"Ludwig van Beethoven".
Home Page • arts • business • computers • games • health • hospitals • home • kids & teens • news • physicians • recreation• reference • regional • science • shopping • society • sports • world