| Loros | ||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Clasificación científica | ||||||||||
| ||||||||||
| Xénero | ||||||||||
| Varios: ver texto. |
Xunto coa familia da cacatúa (Cacatuidae), a familia do loro pertence á orde dos Psittaciformes.
As aves da familia do loro poden ser atopadas na maioría dos lugares que posúen clima cálido, incluíndo a India, Sueste de Asia, África occidental e nos Estados Unidos, onde houbo unha especie, agora extinta, a Carolina Parakeet. Así a todo, as poboacións máis grandes da especie do loro son orixinarias de Australasia, de América do Sur e de América Central.
Moitas especies poden imitar a conversa humana e outros sons. Unha investigadora, Irene Pepperberg publicou traballos sobre a capacidade de aprendizaxe dun loro gris africano chamado Alex, que foi adestrado para empregar palabras co obxectivo de identificar obxectos, chegando a mesmo contalos, e ata a contestar a preguntas complexas, como "¿cantos cadrados vermellos hai?" (cunha exactitude do 80%). Así a todo, algúns eruditos sosteñen que os loros están simplemente repetindo palabras sen idea do significado.
Os loros son adquiridos comunmente como animais domésticos en moitos países. As ás destas aves córtanse a miúdo e algúns donos permiten que os paxaros paseen en liberdade polos seus fogares ou veciñanzas.
Os loros requiren unhas atencións mínimas: comida, auga, espazo, limpeza e, por suposto, moito agarimo e atención. Unha faceta importante da domesticación de loros son os grallos, cos que responden a case calquera son agudo: ambulancias, choros de nenos, e, ata, á televisión. Con todo, non tódolos loros son iguais: hainos máis tranquilos, menos ruidosos, máis cariñosos, etc. Isto dálle a oportunidade ao dono para elixir o tipo de loro que máis se adapte aos seus gustos.
Eigentliche Papageien | True parrots | Papagedoj | Psittacidae | Papukaijat | Perroquet | תוכיים | Papagayo | オウム科 (Sibley) | Boloky | Papegaaien | Papegøyer | Papugowate | Papagaio | Попугай | Parrot | Äkta papegojor | นกแก้ว | 鹦鹉科