A lingua materna (tamén chamada lingua de instalación, lingua natural, lingua popular, idioma materno, lingua nativa ou primeira lingua) é o primeiro idioma que aprende unha persoa.
Tódolos fonemas non asimilados nesta primeira etapa da vida producen unha xordeira lingüística aos termos en linguas estrañas. Xeralmente, un pícaro aprende o fundamental do seu idioma materno a través da súa familia.
A habilidade no idioma materno é esencial para a aprendizaxe posterior, xa que se cre que a lingua materna é a base do pensamento. Unha habilidade incompleta no idioma materno case sempre dificulta a aprendizaxe de segundas linguas. Polo tanto, a lingua materna ten un papel primordial na educación.
Cando alguén ten dúas ou máis linguas como idioma materno, dise que é unha persoa bilingüe. A orde en que se aprenderon ditas linguas non é necesariamente a orde de mestría das mesmas. Por exemplo, unha parella francófona pode ter un fillo que aprendeu antes o francés ca outros idiomas, pero se creceu en Galicia é probable que acabe tendo unha maior competencia na lingua galega.
O bilingüismo é moi común nalgunhas rexións e países que teñen máis dunha lingua oficial, se ben, na actualidade o termo bilingüísmo non se considera apropiado para falar de sociedades pois o habitual é que as linguas que conviven nunha comunidade estean en conflito ou manteñan unha relación desigual (Véxase Diglosia)
Segundo a teoría máis recente e aceptada, unha lingua materna pode aprenderse ata os 12 anos de idade (Noam Chomsky). Pasado este período, as habilidades lingüísticas do falante son distintas e toda lingua aprendida despois pasará a ser considerada como unha segunda lingua.
Mateřský jazyk | Modersmål | Muttersprache | First language | Gepatra lingvo | Lengua materna | Äidinkieli | Langue maternelle | Memmetaal | שפת אם | Anyanyelv | Bahasa ibu | 母語 | Gimtoji kalba | Moedertaal | Morsmål | Morsmål | Język ojczysty | Língua materna | Limba maternă | Родной язык | Mother tongue | Materni jezik | Modersmål | ภาษาแม่ | 母語 | Bó-gí
This article is licensed under the GNU Free Documentation License.
It uses material from the
"Lingua materna".
Home Page • arts • business • computers • games • health • hospitals • home • kids & teens • news • physicians • recreation• reference • regional • science • shopping • society • sports • world