article

O cebuano, tamén coñecido coma sugbuanon, é unha lingua pertencente ó filo austronesio, dentro da rama occidental malaio-polinesia e do grupo Bisaya (Visayan ou Binisayâ). Falada nas Filipinas por preto de 18.000.000 persoas. O nome provén do nome da illa filipina de Cebú. Dáselle o código de tres letras ISO 639-2 'ceb', pero non ten código de dous letras ISO 639-1.

O cebuán é a lingua nativa dos habitantes de Cebú, de Bohol, de Negros Oriental e da xente da provincia occidental de Leyte e Mindanao norteño. Tamén se fala nalgunhas cidades e illas en Samar. Ata os anos 1980, o cebuán sobrepasaba ó tagalo en termos de falantes. O dialecto usado en Bohol chámase Boholán e ás veces considérase un idioma separado.

Números


1. usá
2. duhá
3. tulú
4. upát
5. limá
6. unúm
7. pitú
8. walú
9. siyám
10. napúlu
11. napúlu'g usá
11. onse (a menudo emprégase o español para números superiores a 10)
20. kawhaan
30. katloan
40. kaapatan/kap'atan
50. kalimaan/kalim'an
60. kaunuman/kan'uman
70. kapituan
80. kawaloan
90. kasiyaman
100 usá ka gatos
1.000 usá ka libo
1.000.000 usa ka libo ka libo

Exemplos


  • ¿Podo facer unha pregunta? - "Mahimo bang mangutana?" o "Puwede 'ko mangutana?"
  • ¡Bos días! - Maayong buntag!
  • ¿A onde vai vostede? - Asa ka padulong?
  • ¿Onde está o cuarto de baño? - Asa man ang CR(banyo)?
  • ¿Onde está o seu cuarto de baño? - Asa man ang CR(banyo) 'ninyo?
  • ¿Cal é o seu nome? - Unsay ngalan nimo?
  • ¿Onde está a praza? - Asa man ang merkado?
  • Quixera compra esto. - Paliton na nako.
  • Quixera dous deses. - Gusto ko ug duha ana.
  • Ola, o meu nome é Xoán . - "Kumusta. John akong ngalan". ou, "Ako si John"

Ligazóns externas


Sougbouaneg | Sinugboanon | Cebuano | Cebuano language | Cebua lingvo | Idioma cebuano | Cebun kieli | Cebuano | Bahasa Cebuano | Pagsasao a Cebuano | セブアノ語 | სებუანური ენა | Bahasa Cebuano | Cebuano | Cebuano | Себуанский язык | Cebuano | Wikang Cebuano | Sinugboanon | Linguas do mundo

 

This article is licensed under the GNU Free Documentation License. It uses material from the "Lingua cebuana".

Home Pageartsbusinesscomputersgameshealthhospitalshomekids & teensnewsphysiciansrecreationreferenceregionalscienceshoppingsocietysportsworld