O abenaqui (alnôbak ou aln8bak, en abenaqui) é unha lingua algonquina oriental falada en Canadá e Estados Unidos.
O territorio tradicional dos abenaquis abranguía os actuais estados norteamericanos de Maine, Nova Hampshire e Vermont, os abenaquis chamábanno, Ndakinna (A nosa Terra), os abenaquis orientais vivían en Maine ao leste das White Mountains e os occidentais ó oeste das montañas que cruzan Vermont e Nova Hampshire, o seu número era aproximadamente de 30.000, 20.000 orientais e 10.000 occidentais . Á chegada dos europeos (1604), os abenaquis víronse involucrados na guerra entre os franceses e os ingleses polo control do territorio onde vivían, tomando partido polos franceses. Ademais sufrían xa dende o século XVI das epidemias andazos traídas polos europeos, reducíndose o seu número ata 5.000 abanaquis occidentais e outros 5.000 orientais arredor do 1617, a tendencia seguíu ata 1676 no que absorben os refuxiados do sur de Nova Inglaterra desprazados polo asentamento de colonos, a guerra do rei Filipe (1675-1676) supuxo o establecemento de boa parte dos abenaquis occidentais en terras do actual Canadá, onde estaban protexidos polos
franceses, en 1683 establécese a misión católica de St. Francis, onde o abenaqui era a lingua empregada en todos os niveis. Por volta de 1700 emprázase na súa actual situación, e en 1724 a maioría dos abenaquis occidentais que quedaban nos Estados Unidos establécense nela. En 1759 un ataque británico destruiuna e tivo que ser reconstruída, arredor de 1775 estímanse en 1000 os abenaquis occidentais. En 1805 as reservas canadianas dos abenaquis aumentan o seu territorio para facer fronte ó medre da poboación. Segundo un informe de 1911 había 300 abenaquis na misión de St. Francis con costumes franceses, pero aínda que mantiñan a lingua no fogar, esta non se transmitía aos nenos máis pequenos, e en 1974 só quedaban 20 falantes de avantada idade.
En 1798 o estado de Massachusett (ao que entón pertencía Maine) establece a reserva Penobscot, aínda que o recoñecemento federal non chegou ata 1980, o resto dos abenaquis de Estados Unidos loitan polo seu recoñecemento oficial, pero a pesar de numerosas peticións non o conseguiron.
Абнаки | Abnaki | Abenaki | Western Abenaki | Abénaquis | Abenaki | Abenakowie | Абенаки
This article is licensed under the GNU Free Documentation License.
It uses material from the
"Lingua abenaqui".
Home Page • arts • business • computers • games • health • hospitals • home • kids & teens • news • physicians • recreation• reference • regional • science • shopping • society • sports • world