article

lingüística s.f.

  1. Relativo á lingua, como sistema de comunicación humana.
    Estructuras da lingüística do francés.
  2. Relativo ós estudos sobre a linguaxe humana.
    Estudios da lingüística.
  3. s.f. Ciencia que estudia a linguaxe humana.
    A lingüística estuda as linguas, descríbeas, explica cómo funcionan, etc.
CF. filoloxía.

Palabras relacionadas


As chamadas partes da oración (sintaxe): adverbio, verbo, substantivo, adxectivo, preposición, conxunción , interxección e locucións (adverbiais, preposicionais e conxuntivas); núcleo, modificador, adxacente, xustaposición, aposición, posposición, preposición, coordinación, subordinación; palabra, verba, locución, frase, sintagma, oración, enunciado, sentencia, secuencia;

Tamén en morfoloxía: diminutivo, aumentativo; analoxía; tempo, modo, aspecto, voz, xénero, número, caso, grao;

Ademáis en léxico e semántica: onomástica, toponimia, topónimo, antroponimia, antropónimo, xentilicio, etimoloxía, étimo; polisemia, homonimia, sinonimia, cohiponimia, hiponimia, hiperonimia (homónimo, sinónimo, cohipónimo, hipónimo, hiperónimo)

Lingüistas e escolas lingüísticas


En Europa houbo un desenvolvemento paralelo da lingüística estrutural, influenciada moi fortemente por Ferdinand de Saussure, (1857 -1913), un estudioso suízo cuxas aulas de lingüística xeral, publicadas postumamente polos seus alumnos, deron a dirección da análise lingüística europea da década de 1920 en diante; ese enfoque foi amplamente adoptado noutros campos baixo o termo "estruturalismo" ou análise estruturalista. Ferdinand de Saussure tamén é considerado o fundador da semioloxía.

Durante a Segunda Guerra Mundial, Leonard Bloomfield e varios dos seus alumnos e colegas desenvolveron material de ensino para unha variedade de linguas cuxo coñecemento era necesario para o esforzo de guerra. Este traballo levou ao aumento da prominencia do campo da lingüística, que se tornou unha disciplina recoñecida na maioría das universidades americanas soamente despois da guerra.

Noam Chomsky desenvolveu o seu modelo formal de linguaxe, coñecida como gramática transformacional, baixo a influencia do seu profesor Zellig Harris, quen foi fortemente influenciado por Bloomfield. O modelo de Chomsky foi recoñecidamente dominante desde a década de 1960 ata a de 1980 e desfruta aínda de elevada consideración nalgúns círculos de lingüistas. Steven Pinker tense ocupado de clarificar e simplificar as ideas de Chomsky con moito máis significancia para o estudo da linguaxe en xeral.

Da década de 1980 en diante, os enfoques pragmáticos, funcionais e cognitivos veñen gañando terreo nos Estados Unidos e en Europa. Unhas poucas figuras importantes nese movemento son Michael Halliday, cuxa gramática sistémica-funcional é moi estudada no Reino Unido, Canadá, Australia, China e Xapón; Dell Hymes, que desenvolveu o enfoque pragmático "A Etnografía do Falar"; George Lakoff, Len Talmy, e Ronald Langacker, que foron os pioneiros da lingüística cognitiva; Charles Fillmore e Adele Goldberg, que están asociados coa gramática da construción; e entre os lingüistas que desenvolven varios tipos da chamada gramática funcional están Simon Dik, Talmy Givon e Robert Van Valin, Jr.

Outros importantes ou notables lingüistas e semióticos son:

Gramática tradicional

Escola de Port-Royal

Círculo de Praha

Lei fonética e os irmáns Grimm

Xeografía lingüística e os atlas lingüísticos

A teoría wörter und sache

Estruturalismo e Saussure

Formalismo

Funcionalismo e Halliday

Etnografía da comunicación

Transformacionalismo ou xerativismo e Noam Chomsky

Lingüística cognitiva e Langacker

Análise crítica do discurso e Fairclough

Subdisciplinas da lingüística e da Gramática


As subdisciplinas fundamentais da lingüística son:

As interaccións con outras ciencias sociais ou médicas son:

Outros artigos relacionados son:

Lingüística

Taalwetenskappe | Lingüística | لسانيات | Llingüística | Мовазнаўства | Езикознание | ভাষাতত্ত্ব | Yezhoniezh | Lingüística | Linggwistiks | Linguistica | Lingvistika | Lingwistika | Лингвистика | Ieithyddiaeth | Sprogforskning | Sprachwissenschaft | Γλωσσολογία | Linguistics | Lingvistiko | Lingüística | Keeleteadus | Hizkuntzalaritza | زبانشناسی | Kielitiede | Keeletiidüs | Linguistique | Lenghistiche | Taalkunde | Teangeolaíocht | בלשנות | भाषाविज्ञान | Jezikoslovlje | Nyelvészet | Linguistica | Linguistik | Linguistica | Linguistiko | Málvísindi | Linguistica | 言語学 | ენათმეცნიერება | 언어학 | Zimannasî | Scyens Yeth | Linguistica | Linguistika | Sproochwëssenschaft | Taalweitesjap | Kalbotyra | Valodniecība | Лингвистика | Лингвистикэ | Lingwistika | Tlahtolmatiliztli | Spraakwetenschop | Taalkunde | Lingvistikk | Lingvistikk | Æвзагзонынад | Językoznawstwo | Lingüística | Lingvistică | Лингвистика | Linguìstica | Linguìstica | Lingueistics | Jezikoslovlje | Linguistics | Jazykoveda | Jezikoslovje | Лингвистика | Linguistik | Lingvistik | மொழியியல் | ภาษาศาสตร์ | Linggwistika | Dil bilimi | Tel beleme | Мовознавство | لسانيات | Łenguisdega | Ngôn ngữ học | 语言学 | Gí-giân-ha̍k

 

This article is licensed under the GNU Free Documentation License. It uses material from the "Lingüística".

Home Pageartsbusinesscomputersgameshealthhospitalshomekids & teensnewsphysiciansrecreationreferenceregionalscienceshoppingsocietysportsworld