O Lago Niassa (tamén coñecido como Lago Malawi ou Nyasa, en kiSwahili) é un dos Grandes Lagos Africanos e está localizado no Val do Rift, entre o Malawi, a Tanzania e Mozambique. Cunha orientación norte-sur, o lago tem 560 km de comprimento, 80 km de largura máxima e 700 m de profundidade.
É un lago único no mundo por formar unha provincia bioxeográfica específica, con cerca de 400 especies de ciclídeos descritas endémicas (cerca de 30% de todos os cicleos coñecidos no mundo) e probabelmente moitas ainda por describer. Estimase que teña unha idade entre un e dous millóns de anos. Unha vez que se encontra nunha rexión tropical e ser moito profundo, o lago está permanentemente estratificado, cun epilimnio mais quente sobre un hipolímnio mais frio. O nivel da auga varía coas estacións do ano e ten ainda un ciclo de longa duración, cos niveis mais altos en anos recentes, desde que existen rexistros.
Na lingua chiNyanja, falada na orla mozambicana do lago, niassa significa lago - tal como o propio nome do pobo que usa aquela lingua, os Nyanja, significa pobo do lago. En chiChewa, unha das linguas do Malawi, a palabra malawi significa o nacer do sol, visto que, estando a ocidente do lago, é desa forma que os malauianos do sur ven nacer o día sobre o lago.
O Parque Nacional do Lago Malawi, no sur do Malawi, abranxendo a extremidade sur do lago, unha ducia de illas, unha rexión de reserva florestal e unha zona acuática até 100 m da costa foi inscrito pola UNESCO en 1984 na lista dos lugares que son Patrimonio da Humanidade.
Lake Nyasa | Malawisee | Lake Malawi | Malavia Lago | Njassa järv | Njassajärvi | Lac Malawi | Malawi (lago) | Malawimeer | Malawisjøen | Jezioro Niasa | Lago Niassa | Малави (озеро) | Malawi (jazero) | Malawisjön | Nyasa (ziwa) | Ньяса
This article is licensed under the GNU Free Documentation License.
It uses material from the
"Lago Niassa".
Home Page • arts • business • computers • games • health • hospitals • home • kids & teens • news • physicians • recreation• reference • regional • science • shopping • society • sports • world