O lago Ness (Loch Ness) é un lago de auga doce localizado nas Terras Altas Highlands da Escocia, de forma estreita e alongada con cerca de 37 quilómetros de comprimento. O lago ocupa unha área de cerca de 56,4 km2 e ten unha profundidade máxima de 226 metros. A visibilidade da agua é extremamente reducida debido ao teor de turfa dos solos circundantes, que é traida para o lago através das redes de drenaxe. Pensase que o lago Ness teña sido modelado polos glaciares (Brasil: geleiras) da última era glacial.
O lago Ness é mundialmente coñecido polas alegadas aparicións do Monstro do lago Ness, coñecido polos habitantes locais por Nessie. As evidencias científicas para a existencia deste monstro, descrito como unha especie de dragón mariño, son case nulas, o que non impide que sexa unha atracción turística.
O lago Ness é o maior exemplo escocés de lagos encaixados en fallas xeológicas, neste caso a Falla de Great Glen, con rumbo nordeste-sudeste. Este tipo de lago, coñecido como loch, é caracterizado por grandes profundidades e morfoloxía alongada de acordo coa dirección da falla que os modela.
As aguas do Lago Ness son bastante frias, debido principalmente á sua latitude e á sua profundidade. O seu litoral é bastante pintoresco, con castelos como o de Eilean Donan, onde foi filmada a escena inicial do filme Highlander, ou ruínas de castelos, como o de Urquhart, en Drumnadrochit.
Llac Ness | Loch Ness | Loch Ness | Loch Ness | Loch Ness | Loch Ness | Lago Ness | Loch Ness | Loch Ness | לוך נס | Loch Ness | ネス湖 | Loch Ness (meer) | Loch Ness | Loch Ness | Loch Ness | Lago Ness | Лох-Несс | Loch Ness | Loch Ness | Loch Ness | Loch Ness | Лох-Несс | 尼斯湖
This article is licensed under the GNU Free Documentation License.
It uses material from the
"Lago Ness".
Home Page • arts • business • computers • games • health • hospitals • home • kids & teens • news • physicians • recreation• reference • regional • science • shopping • society • sports • world