O Kattegat, ou Kattegatt, é unha baía do Mar do Norte (continuación do estreito de Skagerrak) bordeada por Dinamarca e Suecia. O Mar Báltico emboca no Kattegat a través de Öresund e do Gran Belt, entre outros estreitos dinamarqueses.
Os ríos que verten as súas augas no Kattegat son o Göta en Gotemburgo, xunto co Lagan, Nissan, Ätran e Viskan na provincia sueca de Halland; e o rio Gudenå en Xutlandia, do lado dinamarqués.
As principais illas do Kattegat son Samsø, Læsø e Anholt, sendo coñecidas as dúas últimas como "o cinto desértico danés", debido ó seu clima seco.
O nome de Kattegat deriva das palabras holandesa e baixo saxona Kat (gato) e Gat (burato). Isto fai referencia á navegación medieval, cando os navegantes dicían desta zona que era "tan estreita como o buraco dun gato", xa que había tantos barcos no mar que facían difícil de máis a navegación.
Kattegat | كاتيغات | Категат | Kattegat | Kattegat | Kattegat | Kattegat | Kattegat | Kattegat | Kattegat | Kattegat | Kattegat | Kattegat | Teluk Kattegat | Kattegat | Kattegat | カテガット海峡 | Kattegat | Kattegat | Kattegat | Kattegat | Kattegat | Каттегат | Kattegat | Kattegat | Kattegatt
This article is licensed under the GNU Free Documentation License.
It uses material from the
"Kattegat".
Home Page • arts • business • computers • games • health • hospitals • home • kids & teens • news • physicians • recreation• reference • regional • science • shopping • society • sports • world