En psicoloxía e as ciencias cognitivas, chámaselle intuición ao coñecemento que non segue un camiño racional para a súa construción e formulación, e polo tanto non pode ser explicado ou incluso verbalizado. O individuo pode relacionar ese coñecemento ou información de experiencias previas, pero polo xeral é incapaz de explicar porqué chega a unha determinada conclusión. A intuición adoita presentarse máis como reaccións emotivas repentinas a acontecementos, ou sensacións, ca como pensamentos abstractos elaborados.
Pese a non ser un coñecemento racional, a intuición inflúe no xeito en que se elaboran estruturas tan racionais como o coñecemento científico. En xeral chámaselle serendipia ao coñecemento previo sen xustificación racional, de que certo labor científico vai xerar resultados interesantes. A serendipia pese a ser intuición propiamente dita, está directamente relacionada co nivel de coñecemento que teña unha persoa sobre o tema de estudo. De modo que moitos a explican simplemente como experiencia.
Existe un enfoque na filosofía das matemáticas chamado intuicionismo, que é unha forma de construtivismo.
Intuice | Intuition | Intuition (knowledge) | Intuición | Intuitio | Intuition | אינטואיציה | Intuition | Intuico | Intuizione | 直観 | Intuição | Интуиция | Intuition
This article is licensed under the GNU Free Documentation License.
It uses material from the
"Intuición".
Home Page • arts • business • computers • games • health • hospitals • home • kids & teens • news • physicians • recreation• reference • regional • science • shopping • society • sports • world